Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14502

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 3 de marzo de 2021, o tribunal nomeado mediante as resolucións do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) e do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 262, do 31 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 20 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nos seguintes lugares:

– Pavillóns nº 1 e 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda para os aspirantes con domicilio nas provincias da Coruña, Pontevedra e doutras comunidades autónomas segundo conste na solicitude de participación no proceso.

– Pavillóns nº 1 e 2 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para os aspirantes con domicilio nas provincias de Lugo e Ourense, segundo conste na solicitude de participación no proceso. 

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles nin ningún outro obxecto persoal.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021

Alberto Gutiérrez Piñeiro
Presidente do tribunal