Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14501

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 3 de marzo de 2021, o tribunal nomeado mediante as resolucións do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) e do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 262, do 31 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 20 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón nº 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles nin ningún outro obxecto persoal.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021

Alberto Gutiérrez Piñeiro
Presidente do tribunal