Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación os empresarios persoas físicas e/ou xurídicas que teñan o seu domicilio social ou fiscal (neste último suposto, para os empresarios individuais) no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e que a súa actividade profesional sexa a representación artística, a de axente de contratación, a promoción e produción de eventos musicais ou a discográfica, así como outras actividades directamente relacionadas co espectáculo e coa xestión cultural, a condición de que reúnan os requisitos profesionais, administrativos e legais pertinentes, e que os demostren, no ano natural anterior á súa solicitude.

Asinantes: José Manuel Blanco Álvarez e Víctor Manuel Bello Cortizo.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais