Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociacion de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación as empresas ou os empresarios con traballadores ao seu cargo segundo o establecido no artigo 1 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio.

Asinantes: Antonio Castelo Silveira e Agustín Moreira Graciá.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais