Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 14939

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Advertidos erros na publicación da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 39, do 26 de febreiro de 2021, procede facer as oportunas correccións no sentido que se indica a continuación.

Na páxina 12102, onde di: «14. Aplicarase o regulado na sección 1ª do capítulo I da Lei xxx/2021, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia», debe dicir: «Aplicarase o regulado na sección 1ª do capítulo I da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia».

Na páxina 12105, onde di: «No procedemento de autorizacións administrativas das instalacións de parques eólicos serán de aplicación os artigos 50, 51 e 52 da Lei xxx/2020, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.», debe dicir: «No procedemento de autorizacións administrativas das instalacións de parques eólicos serán de aplicación os artigos 50, 51 e 52 da Lei 9/2021, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.».