Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 15120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira en praza de auxiliar administrativa (oferta de emprego público de 2019).

A Concellaría delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2021, nomeou funcionaria de carreira deste concello a:

– María Carrasco Couselo, con DNI ***2452**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativa da escala de administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

O dito nomeamento efectuouse segundo a proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a dita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo do 5.2.2021)
José Manuel González Abal
Director xeral de Recursos Humanos