Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 15119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oímbra

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para unha residencia da terceira idade en Oímbra.

O Pleno da corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 1 de marzo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestructuras e dotacións (PEID) para unha residencia da terceira idade en Oímbra.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado, remitiraselle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o Plan especial de infraestructuras e dotacións (PEID) para unha residencia da terceira idade en Oímbra no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Unha vez inscrito no rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia.

O contido íntegro do dito plan queda ao dispor do público na sede electrónica do Concello de Oímbra: http://oimbra.sedelectronica.gal.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Oímbra, 8 de marzo de 2021

Ana Mª Villarino Pardo
Alcaldesa