Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 15118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de proceso selectivo de tres axentes da Policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 57, do 11 de marzo de 2021, publicouse a segunda convocatoria do proceso para seleccionar tres axentes de Policía local, como funcionarios por quenda libre, e as bases que rexerán no proceso foron publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 242, do 22 de outubro de 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Monforte de Lemos, 11 de marzo de 2021

José Tomé Roca
Alcalde