Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 59/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia Felipe Manuel Especht Freire contra Tecnofi, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución da cal os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a seguir:
Resolución: auto do 4.2.2021.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación en legal forma a Tecnofi, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021
A letrada da Administración de xustiza