Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15233

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 83/2021).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 83/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Rilo Quinteiro contra UTE XG-804, Castromil, S.A., Empresa Monforte, S.A.U., Eleuterio López y Cía., S.L., Rías Altas, S.A., Auto Industrial, S.A., La Hispano Igualadina, S.L., Autocares Modesto Riveiro, S.L. e Hermanos Ferrín, S.L., se ditaron as seguintes resolucións con data do 11 de febreiro de 2021 (decreto e cédula de citación, providencia) polas cales se citan de comparecencia as partes para o vindeiro día 7 de abril de 2021, ás 11.05 horas, na sala 3, no edificio da rúa Berlín.

Fáiselles saber que a demanda e os demais documentos quedan á súa disposición na Secretaría deste xulgado.

Ao encontrarse Hermanos Ferrín, S.L. e Autocares Modesto Riveiro, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese este edicto, en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e a protección de datos, co fin de que lles sirva de notificación en legal forma.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza