Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15135

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de marzo de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación xustifícase polas necesidades funcionais e organizativas da Axencia.

En consecuencia, por proposta da Axencia Galega de Innovación unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de marzo de 2021, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e as organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación o posto que a seguir se relaciona, en aplicación do criterio de excepcionalidade que se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

EI.A11.00.000.15770.050

XEFATURA DEPARTAMENTO COORD. DO POLO AEROESPACIAL ROZAS

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de marzo de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación, coa finalidade de cumprir ese acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file