Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15227

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (353/2018).

Eu, Isabel Rodríguez Vázquez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, certifico que no procedemento xuízo verbal (desafiuzamento precario) nº 353/2018 se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Vilagarcía de Arousa, 3 de decembro de 2019.

Vistos por min, Mario S. Martínez Álvarez, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, os presentes autos do xuízo verbal de desafiuzamento por precario nº 353/2018, en que é parte demandante a entidade Buildingcenter, S.A.U. representada pola procuradora dos tribunais Sofía Doldán de Cáceres e asistida pola letrada Celeste María Barco Vega e, como parte demandada, os ignorados ocupantes do terreo sito na rúa do Carballal, núm. 19, 1º A B.2, As Sinas, Vilanova de Arousa (Pontevedra), en situación de rebeldía procesual.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sofía Doldán de Cáceres, en nome e representación da entidade Buildingcenter, S.A.U., contra os ignorados ocupantes do terreo sito na rúa do Carballal núm. 19, 1º A B.2., As Sinas, Vilanova de Arousa (Pontevedra) e, en consecuencia, declaro que procede o desafiuzamento por precario dos ignorados ocupantes do terreo sito na rúa do Carballal, núm. 19, 1º A B.2., As Sinas, Vilanova de Arousa (Pontevedra), que a deberán deixar libre, baleira e expedita e á disposición da demandante, e apercíboos de que, se non a desaloxan dentro do prazo legal, se procederá ao lanzamento.

Impónselle á parte demandada o pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes. Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, no prazo de vinte días dende a súa notificación, que resolverá a Audiencia Provincial de Pontevedra. Nos procesos que dean lugar ao lanzamento, non se lle admitirán ao demandado os recursos de apelación, extraordinario por infracción procesual ou casación se, ao preparalos, non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que conforme o contrato deba pagar adiantadas (artigo 449 da LAC).

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Publicación. A anterior sentenza ditouna, leuna e publicouna o xuíz que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data. Líbrase o testemuño ordenado, que queda unido aos autos. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos ignorados ocupantes do terreo sito na rúa do Carballal, núm. 19, 1º A B.2, As Sinas, Vilanova de Arousa (Pontevedra), esténdese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 26 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza