Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15744

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

EXTRACTO da Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (código de procedemento VI408N, Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondente á área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra).

BDNS (Identif.): 553390.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas e entidades beneficiarias

1. No ámbito da área de rehabilitación integral (en diante, ARI) da Ribeira Sacra poderán ser persoas e entidades beneficiarias das subvencións desta convocatoria:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

b) As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.

c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

Segundo. Obxecto

1. Estas subvencións están dirixidas a financiar, no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situadas no ámbito da ARI da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N).

2. As actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras das subvencións obxecto desta convocatoria están recollidas na Resolución do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes á ARI da Ribeira Sacra (Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 2 de xullo).

Cuarto. Importe

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451.A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte distribución:

ARI da Ribeira Sacra

Aplicación 08.81.451A.780.6.

Anualidade 2021

Proxecto 201800007 FFE

712.807,00 €

Proxecto 20180003 FCA

137.193,00 €

Total

850.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 30 de setembro de 2021 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo