Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15741

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

EXTRACTO da Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (código de procedemento VI408H, Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021, correspondente ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas).

BDNS (Identif.): 553377.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas e entidades beneficiarias

1. No ámbito da área de rehabilitación integral (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago poderán ser persoas e entidades beneficiarias das subvencións desta convocatoria:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo.

b) As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.

c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

2. No ámbito da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das recollidas no punto anterior, tamén poderán ser persoas beneficiarias das subvencións nesta convocatoria:

– As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situado neste ámbito.

– As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situado neste ámbito.

Segundo. Obxecto

1. Estas subvencións están dirixidas a financiar, no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, actuacións de rehabilitación ou renovación de edificios e vivendas situadas nos ámbitos das ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (código de procedemento VI408H).

2. As actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras son as contidas na Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 2 de xullo).

Cuarto. Importe

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451.A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte distribución:

ARI Camiños de Santiago

Aplicación 08.81.451A.780.6.

Importe 2021

Proxecto 201800007 FFE

1.000.000 €

Proxecto 20180003 FCA

300.000 €

ARI Illas Atlánticas

Aplicación 08.81.451A.780.6.

Importe 2021

Proxecto 20180007-FFE

24.000 €

Proxecto 201800003-FCA

8.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 30 de setembro de 2021 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo