Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15781

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas e as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega e se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Mediante Resolución desta dirección xeral do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro), modificada por Resolución do 21 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 256, do 22 de decembro) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica.

A base 6.1 desta resolución establece que, expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión, así como os/as aspirantes exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio acreditativo do coñecemento de lingua galega.

Na súa base sétima disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes á data de realización das probas, publicándose para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coas anteditas bases, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE

Primeiro. Declarar, con carácter provisional, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020.

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os/as declarados/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

A estimación ou a desestimación das solicitudes de emenda entenderase implícita na resolución pola que se aprobe, con carácter definitivo, a relación de admitidos/as e excluídos/as e de exentos/as e non exentos/as do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Nomear, con efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade así como o Protocolo de medidas de seguridade e organizativas no desenvolvemento dos procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde fronte á pandemia COVID-19 autorizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, publicados ambos os documentos á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2021

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Médico/a de Admisión e Documentación Clínica

Presidenta titular

Díaz Terciado, Mª del Mar

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de Admisión e Documentación Clínica

Secretario titular

López Suárez, Alberto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo Técnico da Función Administrativa

Vogal titular

Bravo Ricoy, José Antonio

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de Admisión e Documentación Clínica

Vogal titular

Castro Calvo, Ramón Miguel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de Admisión e Documentación Clínica

Vogal titular

Soto Herrero, Mª Trinidad

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de Admisión e Documentación Clínica

Presidenta

suplente

Casal Rodríguez, Esther

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de Admisión e Documentación Clínica

Secretario

suplente

Díaz López, Manuel

Funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia

Vogal suplente

Castro Villares, Manuel Luis

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de Admisión e Documentación Clínica

Vogal suplente

Fondevila López, Amparo

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de Admisión e Documentación Clínica

Vogal suplente

Rodríguez Fouz, Coral

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de Admisión e Documentación Clínica