Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15775

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluidas e as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega e se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Mediante Resolución desta dirección xeral do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro), modificada por Resolución do 21 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 256, do 22 de decembro) convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

A base 6.1 desta resolución establece que, expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión, así como os/as aspirantes exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio acreditativo do coñecemento de lingua galega.

Na súa base sétima disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición, para cada unha das categorías que se convocan, serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes á data de realización das probas, para o cal se publicará a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coas anteditas bases, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter provisional, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a en farmacia, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico/a superior en radioterapia, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020.

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os/as declarados/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderase implícita na resolución pola que se aprobe, con carácter definitivo, a relación de admitidos/as e excluidos/as e de exentos/as e non exentos/as do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Nomear, con efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, os membros dos tribunais, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan, para cada categoría/especialidade, no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade así como o Protocolo de medidas de seguridade e organizativas no desenvolvemento dos procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde fronte á pandemia COVID-19 autorizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade; publicados ambos documentos á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2021

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Técnico/a en Farmacia

Presidente/a titular

Rodríguez García, Mª del Mar

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en Farmacia

Secretario/a titular

López Suárez, Alberto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo Técnico da Función Administrativa

Vogal titular

Cuquejo Jose, Rita

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en Farmacia

Vogal titular

Gestal Quiroga, Mª del Carmen

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en Farmacia

Vogal titular

Vázquez Rico, Lucita

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en Farmacia

Presidente/a suplente

González Quintela, Mª del Carmen

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en Farmacia

Secretario/a suplente

Díaz López, Manuel

Funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia

Vogal suplente

Cabo Otero, Carmen Magdalena

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en Farmacia

Vogal suplente

Candal Rey, Mª Guadalupe

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en Farmacia

Vogal suplente

Rodríguez Álvarez, Ana Mª

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en Farmacia

Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Presidente/a titular

Vázquez Boquete, Ángel Manuel

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Secretario/a titular

Ríos Carro, Mª José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de Xestión da Función Administrativa

Vogal titular

López Fernández, Susana

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Vogal titular

Rey Otero, Rebeca

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Vogal titular

Vázquez Blanco, Mª del Carmen

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Presidente/a suplente

Fiuza Eiriz, Mª del Carmen

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Secretario/a suplente

López Pérez, Luis Ricardo

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información

Vogal suplente

Porta Martínez, Rafael

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Vogal suplente

Rodríguez González, Rodrigo

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Vogal suplente

Varela Fraga, Mª Coral

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental

Presidente/a titular

Martín Buitrago Calvet, Mª Belén

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental

Secretario/a titular

Ríos Carro, Mª José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de Xestión da Función Administrativa

Vogal titular

Garrote Vázquez, Carlos

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental

Vogal titular

Pérez Serrano, Mª Esther

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental

Vogal titular

Pose Recarey, Ramón Ángel

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental

Presidente/a suplente

Mundiña Castro, Mª Anahí

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental

Secretario/a suplente

López Pérez, Luis Ricardo

Persoal estatutario de xestión e servizos

Técnico de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información

Vogal suplente

Bernárdez Couto, Ana Isabel

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental

Vogal suplente

Padín Losada, Alejandro

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental

Vogal suplente

Tajes Vázquez, Modesto

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental

Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico

Presidente/a titular

Lores Seoane, Martín

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico

Secretario/a titular

Rúa Moure, Mª Jesús

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo Técnico da Función Administrativa

Vogal titular

Gago Arestín, Joaquín

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico

Vogal titular

Sampayo Marful, José Luis

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico

Vogal titular

Vázquez Fernández, Isabel

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico

Presidente/a suplente

Malvar Torres, Fernando

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico

Secretario/a suplente

Martínez Castro, Francisco José

Funcionario da Xunta de Galicia. Subgrupo C1

Escala de sistemas e tecnoloxías da información

Vogal suplente

Alonso Rodríguez, Mª Montserrat

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico

Vogal suplente

Basteiro Basteiro, Jorge

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico

Vogal suplente

Orozco Saavedra, Juan José

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico

Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico

Presidente/a titular

Dapena Pérez, Jesica

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico

Secretario/a titular

Fiel Paz, Nieves

Persoal estatutario de xestión e servizos

T. Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información

Vogal titular

Barreiro Castro, Belén

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico

Vogal titular

Caramés Palomanes, José

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico

Vogal titular

Rodríguez Casares, Antonio

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico

Presidente/a suplente

Fernández Domínguez, Mª Dolores

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico

Secretario/a suplente

López Suárez, Alberto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo Técnico da Función Administrativa

Vogal suplente

López Barba, Alfonso

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico

Vogal suplente

Permuy Fontao, Julio

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico

Vogal suplente

Ventín Sánchez, Francisco Luis

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico

Técnico/a Superior en Radioterapia

Presidente/a titular

Álvarez Jardón, David

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Radioterapia

Secretario/a titular

Peñas González, Orlando

Funcionario corpo superior Administración Xunta de Galicia

Escala de Letrados

Vogal titular

Pastoriza Ferreira, Jesús

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Radioterapia

Vogal titular

Sotelo Pastoriza, Rocío

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Radioterapia

Vogal titular

Vergara Álvarez, Isabel

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Radioterapia

Presidente/a suplente

Lamas Lorenzo, Adrián

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Radioterapia

Secretario/a suplente

Martínez Castro, Francisco José

Funcionario da Xunta de Galicia. Subgrupo C1

Escala de sistemas e tecnoloxías da información

Vogal suplente

Álvarez Suárez, Lorena

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Radioterapia

Vogal suplente

Padín García, Estefanía

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a Superior en Radioterapia

Vogal suplente

Ventura González, Carlos