Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15636

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 15 de marzo de 2021 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809B).

O 11 de xaneiro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 5 a Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809B).

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.

Esta orde de axudas estableceu con base na información sobre os ataques de lobos, recollida nos últimos anos, que o importe das axudas se incrementará nun 30 % cando afecte explotacións dos concellos recollidos no anexo III.

A tramitación desta realizouse por anticipado de gasto, polo que non se dispoñía da información referida a anualidade 2020 sobre os ataques de lobo. Unha vez analizada, ponse de manifesto que a relación de concellos onde o importe das axudas ás explotacións afectadas debe incrementarse nun 30 % debe ser ampliada co gallo de que este incremento poida chegar ás explotacións afectadas deles, nas mesmas condicións que as establecidas na orde publicada.

Polo tanto, procede modificar esta orde de axudas, en concreto o seu anexo III, no sentido de ampliar a relación de concellos cunha maior probabilidade de incidencia de danos por lobo.

En consecuencia, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo único. Modificación da Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809B)

Primeiro. Dáse nova redacción ao anexo III, lista de concellos, que queda redactado como segue:

ANEXO III

Lista de concellos

Provincia da Coruña

Provincia de Lugo

Provincia de Ourense

Provincia de Pontevedra

Aranga

Abadín

Allariz

Cañiza, A

Curtis

Alfoz

Avión

Cerdedo-Cotobade

Dumbría

Baralla

Baltar

Covelo

Irixoa

Begonte

Bande

Cuntis

Laracha, A

Castro de Rei

Beariz

Estrada, A

Lousame

Cervantes

Blancos, Os

Forcarei

Mazaricos

Chantada

Bola, A

Fornelos de Montes

Melide

Corgo, O

Calvos de Randín

Lalín

Monfero

Cospeito

Castro Caldelas

Lama, A

Muros

Fonsagrada, A

Celanova

Pontevedra

Muxía

Friol

Cualedro

Silleda

Ordes

Guitiriz

Entrimo

Valga

Ortigueira

Guntín

Lobeira

Oza-Cesuras

Incio, O

Lobios

Pontes de García Rodríguez, As

Láncara

Maceda

Porto do Son

Lugo

Melón

Santiago de Compostela

Mondoñedo

Montederramo

Sobrado

Muras

Muíños

Toques

Navia de Suarna

Nogueira de Ramuín

Vilasantar

Ourol

Pobra de Trives, A

Vimianzo

Outeiro de Rei

Rairiz de Veiga

Palas de Rei

Veiga, A

Paradela

Viana do Bolo

Páramo, O

Vilar de Barrio

Pastoriza, A

Vilar de Santos

Riotorto

Vilardevós

Samos

Vilariño de Conso

Sarria

Saviñao, O

Taboada

Triacastela

Valadouro, O

Viveiro

Vilalba

Xermade

Xove

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda