Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15639

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (códigos de procedemento VI422E, VI408H, VI408N, VI422F e VI406A).

O artigo 91 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, establece que o Instituto Galego da Vivenda e Solo desenvolverá políticas de rehabilitación e renovación do parque de vivendas de Galicia atendendo a criterios de accesibilidade, sustentabilidade, aforro enerxético, mellora da calidade e conservación dos elementos singulares das construcións existentes. O artigo 94 da citada lei establece que os programas de rehabilitación poderán dispoñer para a súa execución de medidas específicas de fomento, de axudas ao financiamento, de préstamos subsidiados, de anticipos, de incentivos fiscais e de calquera outro instrumento nos termos que se establezan nas correspondentes normas de desenvolvemento.

Neste contexto, o Instituto Galego da Vivenda e Solo puxo en marcha un conxunto de medidas encamiñadas a fomentar a rehabilitación de edificios e vivendas, algunhas delas previstas no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (Boletín Oficial del Estado núm. 61, do 9 de marzo) e outras de carácter exclusivamente autonómico. Entre as primeiras medidas destacan as subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, dirixidas á rehabilitación de vivendas e edificios de tipoloxía residencial colectiva, situados tanto en ámbitos urbanos como rurais.

O pasado 6 de novembro publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual. En consecuencia e por razóns de diversificación do investimento aos diferentes ámbitos da rehabilitación no ano 2021, non se realizará a convocatoria do Programa de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade do Plan estatal de vivenda 2018-2021, xa que ambas teñen unha finalidade similar.

Así mesmo, é preciso citar que o Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, prevé un programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural, que en Galicia se xestiona a través da figura das áreas de rehabilitación integral. Concretamente, no marco deste programa pódense financiar as actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas que se realicen no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra.

Dentro das medidas exclusivamente autonómicas teñen especial relevancia os diferentes programas dirixidos a fomentar o acceso á vivenda e a rehabilitación e renovación urbana, como son o Programa de infravivenda, o Programa para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal para o seu destino ao alugamento social e o Programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas.

O Programa de axudas para a rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal para o seu destino ao alugamento social foi implantado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo coa finalidade de prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para rehabilitar edificacións de titularidade municipal susceptibles dun uso residencial. Este programa substitúe o Programa para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal.

O Programa de infravivenda ten como obxectivo outorgar axudas aos concellos de menos de 10.000 habitantes para acometer actuacións urxentes e imprescindibles, para os efectos de mellorar o estado das edificacións ou vivendas propiedade dos concellos ou de persoas propietarias en risco de exclusión residencial.

Ademais, aínda que non é obxecto desta convocatoria, existe un programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas que consiste no establecemento dunha liña de préstamos dirixida a financiar a execución destas obras, sempre que estes inmobles estean situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, así como, de ser o caso, no outorgamento dunha subvención que consiste na subsidiación dos xuros deses préstamos para as persoas que cumpran os requisitos exixidos.

Por outra banda, o Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca cada ano o Fondo de cooperación para concellos de menos de 50.000 habitantes que, aínda que non se inclúe nesta resolución, constitúe un importante instrumento de financiamento de actuacións de rehabilitación para os concellos e que é compatible coas subvencións convocadas nesta resolución para a Administración municipal.

A variedade das axudas destinadas a actuacións de rehabilitación xestionadas por este organismo aconsella efectuar nun único texto unha convocatoria conxunta deste tipo de subvencións para facilitar, deste xeito, o seu coñecemento polos seus potenciais destinatarios.

Esta resolución ten por obxecto convocar as seguintes subvencións para a anualidade 2021:

– Subvencións do Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021. Por razóns orzamentarias, exclúense das persoas beneficiarias desta convocatoria:

a) As persoas xurídicas de natureza privada.

b) As sociedades cooperativas compostas por agrupacións de persoas propietarias de vivendas e edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de división horizontal, así como por persoas propietarias que conforman comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

c) As empresas construtoras, inquilinas ou concesionarias de edificios, así como as cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato coa propiedade que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto das citadas liñas de axudas.

– Subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas, así como da Ribeira Sacra. Por razóns orzamentarias, exclúense das persoas beneficiarias nesta convocatoria, respecto da área de rehabilitación integral do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, as administracións públicas e as entidades de natureza pública e privada, con competencias neste ámbito.

– Subvencións do Programa de subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal para destinalas ao alugamento social.

– Subvencións do Programa de infravivenda.

De conformidade con todo o anterior, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

I. Disposicións xerais.

Primeiro. Obxecto e réxime das axudas

1. Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2021 as subvencións dos seguintes programas para actuacións de rehabilitación:

a) Programas de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021), que se tramitarán co código de procedemento VI422E.

b) Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes ás áreas de rehabilitación integral (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que se tramitará co código de procedemento VI408H.

c) Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes á ARI da Ribeira Sacra, que se tramitará co código de procedemento VI408N.

d) Programa de subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal para destinalas ao alugamento social, con carácter plurianual, que se tramitará co código de procedemento VI422F.

d) Programa de infravivenda, que se tramitará co código de procedemento VI406A.

2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Bases reguladoras

As bases reguladoras das subvencións obxecto desta convocatoria están recollidas nas seguintes disposicións:

1. Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual, publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 143, do 30 de xullo, modificada pola Resolución do 18 de outubro de 2019 (DOG núm.204, do 25 de outubro).

2. Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (DOG núm. 124, do 2 de xullo).

3. Resolución do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes á ARI da Ribeira Sacra (DOG núm. 130, do 2 de xullo).

4. Resolución do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal para destinalas ao alugamento social (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021).

5. Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro).

Terceiro. Crédito orzamentario

1. As subvencións obxecto desta convocatoria faranse efectivas con cargo ás aplicacións dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia que se especifican nesta resolución.

2. As contías establecidas nestas convocatorias poderán ser obxecto de ampliación por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) e terán efecto logo da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. No suposto de existir remanente nalgunha das convocatorias incluídas nesta resolución, poderase utilizar para financiar solicitudes doutras convocatorias, de acordo co previsto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Cuarto. Solicitudes e documentación complementaria

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que se incorpora como anexo a esta resolución. Deberán dirixirse ao órgano que se especifique para cada tipo de subvención.

2. A presentación electrónica será obrigatoria para as comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de persoas propietarias nos procedementos VI422E, VI408H e VI408N e para os concellos interesados nos procedementos VI422F e VI406A.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas e entidades interesadas obrigadas á presentación electrónica presentase a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. No formulario de solicitude, a persoa ou entidade interesada realizará as seguintes declaracións

a) Declaración de que non solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e o seu importe.

b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que sexa solicitada ou obtida pola persoa ou entidade solicitante para a mesma finalidade.

c) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Declaración responsable de que non está incursa nas causas de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

f) No suposto de subvencións do Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021 (código de procedemento VI422E), do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021 correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (código de procedemento VI408H), así como da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N), declaración responsable de que nin á persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia se lle revogou ou foi obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia.

g) Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nas bases reguladoras e na convocatoria da axuda que solicita.

h) Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son correctos.

6. As solicitudes de subvención deberán ir acompañadas da documentación complementaria especificada nesta resolución, en función do tipo de axuda solicitada.

7. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa ou entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa ou entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa ou entidade interesada.

De forma excepcional, de non se poderen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa ou entidade interesada a súa achega.

8. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Os suxeitos obrigados á presentación electrónica da súa solicitude deberán presentar do mesmo xeito a documentación complementaria. Se algunha destas persoas ou entidades presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas ou entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

9. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

10. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Quinto. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas e ás entidades interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadá da persoa ou entidade interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sexto. Órganos competentes

1. A instrución do procedemento é competencia da Área Provincial do IGVS onde estea situado o edificio ou a vivenda en que se realicen as actuacións.

2. Corresponde á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS resolver sobre a concesión das axudas solicitadas.

Sétimo. Procedemento

1. Sen prexuízo das especialidades establecidas para cada programa de axudas, os procedementos de concesión iniciaranse de oficio, en réxime de concorrencia non competitiva, mediante a publicación da presente resolución.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude presentada non reúne algún dos requisitos exixidos neste ordinal e/ou non vai acompañada da documentación relacionada neste punto, requirirase a persoa solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se considerará que desiste na súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, a persoa ou a entidade solicitante poderá ser requirida para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. O órgano instrutor, logo da comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos, elevará a proposta de resolución de concesión de cada expediente á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

5. A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, á vista da proposta efectuada e tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria, resolverá o que en dereito proceda.

Oitavo. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas e entidades interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

As persoas e entidades obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar, en todo caso, no formulario pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Noveno. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Décimo. Recursos contra esta resolución

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia do IGVS no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Décimo primeiro. Eficacia

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

II. Convocatoria das subvencións do Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021 (código de procedemento VI422E).

Décimo segundo. Convocatoria das subvencións do Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021 (código de procedemento VI422E)

Un. Obxecto

Estas subvencións están dirixidas a financiar actuacións de rehabilitación de edificios e/ou vivendas ao abeiro do Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018–2021.

Dous. Crédito orzamentario

1. As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451A.780.6, proxecto 2018 0006, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, cun importe de 680.000 euros para a anualidade 2021.

2. A concesión das axudas estará supeditada ao efectivo financiamento por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, no marco do Plan 2018-2021.

Tres. Actuacións subvencionables

1. Consideraranse actuacións subvencionables para o fomento da conservación as seguintes actuacións:

a) As relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións.

b) As relativas ao estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, incluídos procesos de desamiantado.

c) As relativas á adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente exixidas.

2. Consideraranse subvencionables, para a mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade, as seguintes actuacións:

a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluídos os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa sectorial correspondente.

b) A instalación ou dotación de produtos de apoio, tales como guindastres ou artefactos análogos, que permitan o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio, de ser o caso, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.

c) A instalación de elementos de información ou de aviso, tales como sinais luminosos ou sonoros, que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas.

d) A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como vídeo porteiros e análogos.

e) A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade.

f) Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, así como nas súas vías de evacuación. Inclúense obras dirixidas á ampliación de espazos de circulación dentro da vivenda que cumpran coas condicións do CTE no referido á vivenda accesible, así como para mellorar as condicións de accesibilidade en baños e cociñas.

g) Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do CTE, de seguridade de utilización e accesibilidade (DB-SUA).

Catro. Prazo de execución

O prazo de execución das actuacións en ningún caso poderá exceder o 30 de novembro de 2021.

Cinco. Efectos retroactivos das axudas

As actuacións obxecto de financiamento non poderán estar iniciadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, nin estar finalizadas con carácter previo á publicación desta resolución no DOG. Non obstante o anterior, aquelas persoas ou entidades que solicitasen estas axudas ao abeiro do ordinal décimo terceiro da Resolución do 6 de febreiro de 2020 en que se realizou a convocatoria das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021, con carácter plurianual (código de procedemento VI422E), e lles fosen denegadas por esgotamento do orzamento, poderán ter iniciado actuacións con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020, así como telas finalizadas antes da publicación da convocatoria.

Seis. Datos fiscais e valor do indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM) para a concesión das axudas

Os datos fiscais que se avaliarán nesta convocatoria para a concesión das axudas serán os do exercicio económico 2019. Para a valoración das solicitudes utilizarase o valor do IPREM dese mesmo ano.

Sete. Persoas e entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa para esta convocatoria:

a) As persoas físicas, xa sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.

b) As comunidades de persoas propietarias, así como as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

c) As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.

d) As persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda.

2. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou ter a residencia legal en España, no caso das persoas estranxeiras.

3. Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou aquelas ás cales se lles revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou entidade solicitante.

4. No caso de que a persoa ou a entidade solicitante sexa unha comunidade, unha agrupación de comunidades de persoas propietarias ou unha agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos puntos anteriores deberán cumprilos todos os seus membros.

5. As persoas e as entidades beneficiarias deberán destinar o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate dunha comunidade, dunha agrupación de comunidades de persoas propietarias ou dunha agrupación de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que tanto o importe desta como o custo das obras deba repercutirse nas persoas propietarias de vivendas e locais, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, cando algún dos membros da comunidade ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias incorra nunha ou en varias das prohibicións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, ou do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, non se atribuirá á devandita persoa propietaria a parte proporcional que lle correspondería da axuda recibida, que se ratearía entre os restantes membros da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias.

Oito. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes. Non obstante o anterior, o prazo de presentación de solicitudes rematará, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, o que será obxecto de publicación no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Nove. Solicitudes e documentación complementaria

1. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo I a esta resolución (código de procedemento VI422E). Deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou o edificio.

2. Neste formulario constan como de obrigada consignación os seguintes campos: datos do edificio ou vivenda que se vai rehabilitar, resumo valorado das actuacións de rehabilitación previstas e anualidades de execución. Aquelas solicitudes que sexan presentadas sen consignar os citados campos obrigatorios non serán admitidas a trámite.

3. Coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa física ou entidade solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos

b) Escritura pública, nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade da vivenda, no caso de que a solicitante sexa unha persoa física ou unha agrupación de persoas propietarias que non consten como titulares catastrais.

c) Copia da escritura da división horizontal, no caso das comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias.

d) Proxecto técnico ou, se non for preciso para a autorización das obras, memoria descritiva das actuacións que se van realizar, co contido sinalado no punto 5º do ordinal oitavo das bases reguladoras.

e) Informe técnico de data anterior á presentación da solicitude de axuda, que acredite a necesidade da actuación, salvo que a xustificación da actuación se acredite no proxecto técnico ou na memoria descritiva das actuacións.

f) Certificado do inicio das obras, no caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación da resolución da convocatoria.

g) Licenza municipal de obras, no caso de que sexa necesaria pola actuación que se vai realizar. No suposto de non contar aínda coa licenza, achegarase a correspondente solicitude de licenza.

h) Comunicación previa ao concello, cando a actuación non estea sometida a licenza. No caso de teren transcorrido máis de quince días hábiles contados desde a data da presentación da comunicación previa ao concello, esta deberá vir acompañada dunha declaración responsable da persoa ou entidade promotora da actuación de non ter sido requirida para a súa emenda.

i) No caso de edificios e vivendas declarados ben de interese cultural (en diante, BIC), catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.

4. No caso de que a solicitante sexa unha persoa física propietaria ou inquilina dunha vivenda unifamiliar ou dunha vivenda en edificio de tipoloxía residencial colectiva, unha comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias, deberán presentar ademais, de ser o caso, a documentación seguinte:

a) Anexo II (código de procedemento VI422E), de declaración responsable e comprobación de datos das persoas partícipes nas obras e interesadas na subvención e das persoas integrantes das súas unidades de convivencia (deben presentarse tantos anexos II como vivendas partícipes e interesadas na subvención se sinalen nos anexos I e IV).

b) Anexo III (código de procedemento VI422E), de declaración responsable de ingresos das persoas integrantes da unidade de convivencia das persoas participes nas obras e interesadas na subvención, no caso de non estaren obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF), acompañada da seguinte documentación:

– Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio.

– Certificado de pensións ou prestacións periódicas emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non seren outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (en diante, INSS).

– Certificado das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.

c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou das agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención e/ou das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de que non o emitise a Xunta de Galicia.

d) Copia do contrato de alugamento na vivenda obxecto da actuación, con indicación da súa referencia catastral, para o caso de persoas inquilinas promotoras da actuación.

e) Acordo asinado coa persoa propietaria onde conste a autorización para executar as obras e que a persoa inquilina asume o custo destas, a cambio do pagamento da renda. Neste acordo deberá constar expresamente que entre as partes non existe parentesco en primeiro e segundo grao de consanguinidade ou de afinidade, e que non son socias ou partícipes de ningunha entidade conxunta.

f) Anexo IV (código de procedemento VI422E), de certificado do acordo da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou do acordo da agrupación de persoas propietarias, de solicitar a correspondente axuda, de nomear a persoa que as represente na tramitación do expediente e que, ademais, conteña o número de vivendas e a superficie total construída dos locais comerciais partícipes nas obras e interesados na subvención, con indicación da súa referencia catastral.

g) Anexo V (código de procedemento VI422E), de declaración responsable e comprobación de datos das persoas inquilinas e/ou moradoras que non participen como promotoras da actuación ou propietarias que participen nas obras e non estean interesadas na subvención, só naqueles supostos en que non se acredite o destino previo da/das vivenda/s como domicilio habitual e permanente exixido nos puntos 2 e 3.b) do ordinal oitavo das bases reguladoras deste programa.

5. No caso de que a persoa promotora sexa unha persoa propietaria única dun edificio de tipoloxía residencial colectiva, deberá presentar, ademais, a seguinte documentación:

a) Memoria xustificativa da necesidade de realoxo das persoas inquilinas para realizar a rehabilitación obxecto da solicitude de subvención, no caso de non cumprir o requisito de residencia establecido no punto 3.b) do ordinal oitavo das bases reguladoras.

b) Compromiso de destinar as vivendas obxecto de rehabilitación ao domicilio habitual das súas persoas inquilinas.

Dez. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (en diante, NIE) da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso, así como das persoas propietarias ou inquilinas dunha vivenda ou local do edificio, partícipes nas obras e interesadas na subvención e das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, de ser o caso.

b) Número de identificación fiscal (en diante, NIF) da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades e agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.

f) Certificados de empadroamento das persoas inquilinas e/ou moradoras que non participen como promotoras da actuación, ou propietarias que participen nas obras e non estean interesadas na subvención, de ser o caso.

g) Certificados acreditativos de non ter débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT), coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.

h) Certificado da renda expedido pola AEAT, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.

i) Certificado do nivel de renda expedido pola AEAT da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou pola agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.

j) Certificado catastral de titularidade correspondentes á persoa solicitante ou, de ser o caso, ás persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.

k) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas en que se van levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso e o ano de construción, para as actuacións promovidas por comunidades ou por agrupación de comunidades de persoas propietarias ou por agrupacións de persoas propietarias ou pola persoa física propietaria.

l) Consulta de bens inmobles.

m) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira.

n) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do INSS, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lles é de aplicación esta circunstancia.

ñ) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lles é de aplicación esta circunstancia.

o) Importes das prestacións de desemprego percibidos pola persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lles é de aplicación esta circunstancia.

p) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia nas cales concorra a dita circunstancia e fagan constar na solicitude que lles é de aplicación. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia deberá achegarse a correspondente documentación.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I, II e V (código de procedemento VI422E) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Once. Especialidades do procedemento

1. De conformidade co establecido nos artigos 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os requirimentos de emenda poderanse facer mediante publicación no DOG e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web do IGVS.

2. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa ou a entidade solicitante non poderá modificar a súa solicitude aumentando o importe do custo das actuacións nin variando os tipos de actuacións por realizar.

3. O órgano instrutor remitirá o expediente ao servizo técnico das áreas provinciais para a elaboración dun informe, en que se definirán a tipoloxía das actuacións requiridas, o prazo máximo de execución e o orzamento da actuación.

4. Unha vez completado o expediente e despois das comprobacións e inspeccións que se consideren oportunas, a persoa titular da correspondente área provincial do IGVS emitirá informe sobre o cumprimento dos requisitos e elevará a proposta de resolución á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, quen resolverá o que en dereito proceda.

5. De conformidade co establecido nos artigos 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as resolucións de inadmisión, denegación ou desistencia das axudas solicitadas poderán publicarse na páxina web do IGVS, logo de publicación desta circunstancia no DOG.

Doce. Resolución e recursos

1. O prazo para resolver a concesión da axuda será de tres (3) meses, contados desde a data de presentación da solicitude. Finalizado o citado prazo establecido sen que se dite e notifique a resolución, as persoas ou entidades solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

2. A resolución estimatoria indicará as actuacións subvencionables, o seu custo, a contía da subvención concedida e as condicións que se deberán cumprir para a execución da obra, así como o prazo para a súa finalización.

Para o caso de que a subvención se configurase con carácter plurianual, a resolución de concesión fixará os importes da subvención correspondentes a cada unha das anualidades, que deberán ser xustificados na forma sinalada no ordinal vixésimo terceiro das bases reguladoras deste programa. O importe dos pagamentos á conta non poderá ser superior, en ningún caso, ao 80 % do total da subvención, nin superar o importe máximo de 18.000 euros, nin exceder a anualidade prevista para cada exercicio orzamentario na resolución de concesión.

3. Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes no rexistro da correspondente área provincial do IGVS; considerarase data de presentación aquela en que a solicitude quedase validamente presentada, por terse cuberto na forma correcta e estar acompañada da totalidade dos documentos exixidos nesta resolución. Non obstante o anterior, se as citadas solicitudes, dentro do prazo previsto para a súa presentación, fosen complementadas co achegamento da licenza ou, de ser o caso, da declaración responsable, terán como data de presentación aquela en que se achegase a citada documentación. As solicitudes que, vencido o prazo de presentación, fosen complementadas nos termos indicados, considéranse, no referente á prelación que se indica no parágrafo seguinte, como en posesión de solicitude de licenza ou, de ser o caso, de simple comunicación previa.

Dentro das solicitudes presentadas terán prioridade aquelas que, dentro do prazo de presentación de solicitudes, conten con licenza de obras ou comunicación previa, acompañada da declaración responsable prevista no ordinal décimo cuarto, parágrafo 1.i), das bases reguladoras deste programa e, finalmente, as que só conten con solicitude de licenza ou con comunicación previa.

4. Contra a resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS. O prazo de interposición deste recurso será dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

5. As persoas ou entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión, para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Trece. Xustificación da subvención

1. As persoas e as entidades beneficiarias deberán comunicar á correspondente área provincial do IGVS o remate das obras previstas na resolución de concesión. A comunicación deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días, contado ben desde o día seguinte ao da finalización das obras, ben desde o remate do prazo máximo fixado na resolución de concesión da subvención. A comunicación realizarase mediante a presentación do anexo VI (código de procedemento VI422E).

2. A comunicación de remate das obras deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Certificado de inicio das obras, no caso de que non se presentase con anterioridade.

b) Memoria económica xustificativa do custo das actuacións realizadas, en que se faga constar o cumprimento das actuacións da anualidade que corresponda xustificar. Conterá a relación clasificada de gastos polas actuacións realizadas, coas correspondentes facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, onde consten a identificación da persoa acredora, o seu importe e a súa data de emisión, así como os documentos que xustifiquen o seu pagamento. Para estes efectos, o seu pagamento deberá xustificarse mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola persoa ou entidade solicitante.

c) Memoria explicativa das obras realizadas, asinada, se for o caso, por unha persoa técnica competente.

d) Fotografías que mostren as obras realizadas.

e) Copia de tres orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no suposto de que o importe do gasto subvencionable da actuación supere a contía de 40.000 euros. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

f) Licenza de obras, no caso de actuacións sometidas a este réxime, sempre que non se achegase con anterioridade.

3. Esta comunicación final das obras deberá ir acompañada, ademais de coa documentación sinalada no punto anterior, do certificado de finalización das obras e, cando proceda, das correspondentes autorizacións administrativas polas instalacións realizadas.

4. Esta documentación presentarase na mesma forma que a solicitude e a documentación complementaria.

5. Transcorridos os prazos indicados sen que as persoas ou entidades beneficiarias presenten a documentación xustificativa, o órgano instrutor requiriraas para que a presenten nun prazo improrrogable de dez (10) días.

6. En ningún caso se admitirá a presentación de documentación xustificativa da subvención con posterioridade ao 30 de novembro de 2021, salvo que o requirimento sinalado no número anterior se fixese dentro dos dez (10) días anteriores a esa data. Non obstante, cando concorran circunstancias que así o xustifiquen, poderase demorar a citada data mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que terá efecto logo da súa publicación no DOG.

7. No caso de non terse presentado a xustificación correspondente nos prazos indicados, perderase o dereito ao cobramento á subvención concedida, o que será notificado á persoa ou á entidade beneficiaria a través da oportuna resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

8. Unha vez presentada a documentación xustificativa e logo das comprobacións e inspeccións que se consideren oportunas, a persoa titular da Área Provincial do IGVS emitirá certificado acreditativo das verificacións realizadas, en que se detallarán expresamente os principais requisitos exixidos nas bases reguladoras e o alcance das comprobacións practicadas, e elevará unha proposta de pagamento á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, quen resolverá en atención aos recursos económicos dispoñibles.

Catorce. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias

As persoas e/ou entidades beneficiarias terán as obrigas recollidas no ordinal vixésimo quinto da Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras deste programa.

III. Convocatoria das subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (código de procedemento VI408H).

Décimo terceiro. Convocatoria das subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (código de procedemento VI408H)

Un. Obxecto

1. Estas subvencións están dirixidas a financiar, no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, actuacións de rehabilitación ou renovación de edificios e vivendas situadas nos ámbitos das ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (código de procedemento VI408H).

2. As actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.

Dous. Crédito orzamentario

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451.A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte distribución:

ARI Camiños de Santiago

Aplicación 08.81.451A.780.6.

Importe 2021

Proxecto 201800007 FFE

1.000.000 €

Proxecto 20180003 FCA

300.000 €

ARI Illas Atlánticas

Aplicación 08.81.451A.780.6.

Importe 2021

Proxecto 20180007-FFE

24.000 €

Proxecto 201800003-FCA

8.000 €

Tres. Actuacións subvencionables

1. De conformidade co ordinal décimo primeiro das bases reguladoras deste programa, serán subvencionables as actuacións que, contando con cualificación definitiva, teñan por obxecto as obras seguintes:

a) As previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa do fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética nos termos establecidos no citado artigo.

b) As previstas no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.

c) A execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, a fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.

d) As obras de demolición de edificios e de vivendas e as obras de construción de edificios de vivendas e vivendas de nova construción, en substitución doutros previamente demolidos. Os novos edificios e vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B e cumprir, en todo caso, coas exixencias do Código técnico da edificación.

2. As actuacións deberán estar entre as comprendidas no catálogo de actuacións que figura como anexo II na resolución pola que se aproban as bases reguladoras.

Catro. Persoas e entidades beneficiarias

1. No ámbito da ARI dos Camiños de Santiago, poderán ser persoas e entidades beneficiarias das subvencións desta convocatoria:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo.

b) As agrupacións de persoas propietarias. ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.

c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

2. No ámbito da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das recollidas no punto anterior, tamén poderán ser beneficiarias das subvencións nesta convocatoria:

– As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.

– As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.

3. Para ser beneficiarias destas subvencións, as persoas e entidades sinaladas nos puntos anteriores deberán estar en posesión da correspondente cualificación definitiva da actuación outorgada polo IGVS.

4. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou, no suposto das persoas estranxeiras, ter a residencia legal en España.

5. Non poderán obter a condición de persoas e entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou aquelas ás cales se lles revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.

6. No caso de que a solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán cumprilos todos os seus membros.

7. Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. As persoas beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que tanto o seu importe como o custo das obras deba repercutirse nas persoas propietarias e, de ser o caso, nos locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.

Cinco. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 30 de setembro de 2021 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Seis. Solicitudes e documentación complementaria

1. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo VII a esta resolución (código de procedemento VI408H). Deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou edificio obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación.

2. Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos.

b) Anexo VIII (código de procedemento VI408H), de certificado da persoa que exerza as funcións de secretaría da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou de quen representa a agrupación de persoas propietarias, en que se recolla tanto o acordo de solicitar a subvención do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural das ARI dos Camiños de Santiago ou do Parque Nacional das Illas Atlánticas como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade de persoas propietarias, a agrupación de comunidades de persoas propietarias ou a agrupación de persoas propietarias.

c) Anexo IX (código de procedemento VI408H), debidamente cuberto, en que se relacionen as persoas propietarias das vivendas e locais do edificio, partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención. Neste anexo cubriranse, de ser o caso, as declaracións de non estaren incursas en ningunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) Anexo X (código de procedemento VI408H), de declaración responsable e comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia da persoa solicitante, no caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

e) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia en que concorra a dita circunstancia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.

f) No caso de edificios ou vivendas declarados BIC, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.

Sete. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso, así como das persoas propietarias dunha vivenda ou local do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención, de ser o caso.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa física representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificados acreditativos do cumprimento de obrigas tributarias coa AEAT, de obrigas coa Seguridade Social e/ou coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, así como da entidade solicitante e, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

f) Certificación catastral de titularidade correspondente á persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

g) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas en que se van levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso pola persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

2. No caso de actuacións realizadas en vivendas unifamiliares ou de actuacións en interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva consultaranse, ademais, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira, de ser o caso.

b) Certificado da renda sobre as persoas físicas (IRPF) e nivel de renda da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

c) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do INSS, da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

d) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

e) Importes das prestacións de desemprego percibidas pola persoa solicitante, así como polas persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

f) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia en que concorra a dita circunstancia e fagan constar na solicitude que lles é de aplicación. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberá achegarse a correspondente documentación.

g) Certificado de empadroamento da persoa propietaria promotora da actuación, para os efectos do cálculo da porcentaxe máxima do 75 % do custo subvencionable da actuación.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos VII, IX e X (código de procedemento VI408H) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes

Oito. Resolución e recursos

1. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución de concesión será de dous (2) meses, contados desde a data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo establecido sen se ditar e notificar a resolución expresa, a persoa ou entidade solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

2. A resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é susceptible de recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS, nun prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Nove. Xustificación e pagamento da subvención

1. A resolución da cualificación definitiva da actuación de rehabilitación ou renovación terá a consideración de memoria de actuación e memoria económica, para os efectos do previsto no artigo 48 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como de comprobación material do investimento para os efectos previstos no artigo 30, puntos 2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. O pagamento realizarase por transferencia bancaria na conta sinalada para os efectos pola persoa ou entidade beneficiaria.

Dez. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias

As persoas e/ou entidades beneficiarias terán as obrigas recollidas no ordinal trixésimo terceiro da Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras deste programa.

IV. Convocatoria das subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondente á ARI da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N).

Décimo cuarto. Convocatoria das subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondente á ARI da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N)

Un. Obxecto

1. Estas subvencións están dirixidas a financiar, no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situados no ámbito da ARI da Ribeira Sacra.(código de procedemento VI408N).

2. As actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.

Dous. Crédito orzamentario

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451.A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte distribución:

ARI da Ribeira Sacra

Aplicación 08.81.451A.780.6.

Anualidade 2021

Proxecto 201800007 FFE

712.807,00 €

Proxecto 20180003 FCA

137.193,00 €

Total

850.000 €

Tres. Actuacións subvencionables

1. De conformidade co ordinal décimo primeiro das bases reguladoras deste programa, serán subvencionables as actuacións que, contando con cualificación definitiva, teñan por obxecto as obras seguintes:

a) As previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa do fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética nos termos establecidos no citado artigo.

b) As previstas no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.

c) A execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, a fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.

d) As obras de demolición de edificios e de vivendas e as obras de construción de edificios de vivendas e vivendas de nova construción, en substitución doutros previamente demolidos. Os novos edificios e vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B e cumprir, en todo caso, coas exixencias do Código técnico da edificación.

2. As actuacións deberán estar entre as comprendidas no catálogo de actuacións que figura como anexo II da resolución pola que se aproban as bases reguladoras deste programa.

Catro. Persoas e entidades beneficiarias

1. Poderán ser persoas e entidades beneficiarias das axudas desta convocatoria:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

b) As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.

c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

2. Para ser beneficiarias destas subvencións, as persoas e entidades sinaladas nos puntos anteriores deberán estar en posesión da correspondente cualificación definitiva da actuación outorgada polo IGVS.

3. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou, no suposto das persoas estranxeiras, ter a residencia legal en España.

4. Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogara algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.

5. No caso de que a solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán cumprirse por todos os seus membros.

6. Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. As persoas beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que, tanto o seu importe, como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias e, de ser o caso, nos locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.

Cinco. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 30 de setembro de 2021 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Seis. Solicitudes e documentación complementaria

1. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo XI a esta resolución (código de procedemento VI408N). Deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou edificio obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación.

2. Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos

b) Anexo XII (código de procedemento VI408N), de certificado da persoa que exerza as funcións de secretaría da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou de quen representa á agrupación de persoas propietarias, no que se recolla tanto o acordo de solicitar a subvención do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural da ARI da Ribeira Sacra, como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente á comunidade de persoas propietarias, á agrupación de comunidades de persoas propietarias ou á agrupación de persoas propietarias.

c) Anexo XIII (código de procedemento VI408N), debidamente cuberto, no que se relacionen as persoas propietarias das vivendas e locais do edificio, partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención.

d) Anexo XIV (código de procedemento VI408N), de declaración responsable e comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia da persoa solicitante, no caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

e) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas que concorra a dita circunstancia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.

f) No caso de edificios ou vivendas declarados BIC, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.

Sete. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso, así como das persoas propietarias dunha vivenda ou local do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención, de ser o caso.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa física representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificados acreditativos do cumprimento de obrigas tributarias coa AEAT, de obrigas coa Seguridade Social e/ou coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, así como da entidade solicitante e, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

f) Certificación catastral de titularidade correspondentes á persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

g) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas en que se van levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso por parte da persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

2. No caso de actuacións realizadas en vivendas unifamiliares ou de actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva consultaranse, ademais, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira, de ser o caso.

b) Certificado da renda sobre as persoas físicas (IRPF) e nivel de renda da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

c) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do INSS, da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

d) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

e) Importes das prestacións de desemprego percibidos pola persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

f) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas que concorra a dita circunstancia e fagan constar na solicitude que lles é de aplicación. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberá achegarse a correspondente documentación.

g) Certificado de empadroamento da persoa propietaria promotora da actuación, para os efectos do cálculo da porcentaxe máxima do 75 % do custo subvencionable da actuación.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos XI, XIII e XIV (código de procedemento VI408N) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Oito. Resolución e recursos

1. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución de concesión será de dous (2) meses, contados desde a data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo establecido sen se ditar e notificar a resolución expresa, a persoa ou entidade solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

2. A resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é susceptible de recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS, nun prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Nove. Xustificación e pagamento da subvención

1. A resolución da cualificación definitiva da actuación de rehabilitación ou renovación e, de ser o caso, de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano terá a consideración de memoria de actuación e memoria económica, para os efectos do previsto no artigo 48 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como de comprobación material do investimento para os efectos previstos no artigo 30, puntos 2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. O pagamento realizarase por transferencia bancaria na conta sinalada para os efectos pola persoa ou entidade beneficiaria.

Dez. Obrigas das persoas e das entidades beneficiarias

As persoas e as entidades beneficiarias terán as obrigas recollidas no ordinal trixésimo cuarto das bases reguladoras deste programa.

V. Convocatoria das subvencións do Programa para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social, con carácter plurianual (código de procedemento VI422F).

Décimo quinto. Convocatoria das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social, con carácter plurianual (código de procedemento VI422F)

Un. Obxecto

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal e as adxudiquen, en réxime de alugamento, a unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM.

Dous. Crédito orzamentario

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451A.760.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, por importe de 244.700 € para a anualidade 2021 e por importe de 1.470.000 € para a anualidade 2022.

Tres. Actuacións subvencionables

1. Considerarase actuación subvencionable a execución de obras de rehabilitación en edificacións e en vivendas de titularidade municipal que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou a accesibilidade. Entre as condicións de habitabilidade poderanse considerar a execución de medidas que eviten a entrada no edificio do gas radon ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

2. As actuacións subvencionables incluirán, para os efectos de determinación do custo total das obra, as seguintes actuacións preparatorias: os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Tamén serán subvencionables os gastos xerais de estrutura que inciden sobre o contrato, de conformidade co artigo 131 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: gastos xerais e beneficio industrial. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

Non obstante o anterior, non se aboarán as facturas correspondentes ás obras executadas con anterioridade ao ano natural en que se publique a resolución de convocatoria. Exceptúanse as facturas correspondentes a actuacións preparatorias, as referidas a amoreamentos de material previos e/ou a pagamentos anticipados en que a execución de obra se realice, igualmente, no ano natural en que se publique a resolución de convocatoria.

3. Para o caso de actuacións plurianuais é necesario que o inicio das actuacións se realice no exercicio 2021 e o importe do orzamento que se execute nesa anualidade non poderá superar o 15 % do orzamento total da actuación.

Catro. Concellos beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Contar con menos de 20.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data de publicación da presente convocatoria.

b) Contar cun número de demandantes de vivenda inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia no seu concello, cando menos, igual ao de vivendas para as cales se solicita a axuda.

c) Ter cumprido co deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano desta convocatoria, en que o seu prazo de presentación estivese vencido.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Cinco. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 30 de abril de 2021 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicada no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Seis. Solicitudes e documentación complementaria

1. A solicitude realizarase conforme o formulario que se incorpora como anexo XV desta resolución (código de procedemento VI422F). Deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a edificación ou a vivenda.

2. No caso de que os concellos pretendan financiar varias actuacións a través desta convocatoria, deberán presentar unha solicitude para cada unha delas.

3. A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, a persoa titular da Alcaldía ou a persoa en que esta delegue.

4. Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:

a) Certificado do acordo municipal de solicitar a subvención ao IGVS, aceptando os termos da convocatoria, de conformidade coa memoria, o orzamento e o prazo de execución propostos na documentación que se xunta coa solicitude.

b) Certificado da secretaría municipal en que se acredite que a edificación ou a vivenda obxecto de rehabilitación é de titularidade municipal e de que se cumpren os requisitos recollidos no artigo cinco das bases reguladoras.

c) Proxecto técnico ou memoria relativa á actuación que se vai realizar na edificación ou na vivenda. Deberá vir acompañado da seguinte documentación:

– Informe asinado polo/a correspondente técnico/a municipal relativo á localización da edificación ou da vivenda, ao ámbito en que se inclúe, ás súas características e ao seu estado de deterioración. Este informe conterá unha reportaxe fotográfica en cor da edificación ou da vivenda e unha xustificación da necesidade e idoneidade das actuacións propostas.

– Memoria da actuación proposta, do orzamento de execución material e do calendario de execución. Este calendario é necesario para establecer a repartición das anualidades no momento da concesión da subvención.

– Informe do/da técnico/a municipal de que a actuación proposta cumpre coa lexislación vixente.

Sete. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF do concello.

2. No caso de que os concellos interesados se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo XV (código de procedemento VI422F) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso do concello interesado para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar aos concellos interesados a presentación dos documentos correspondentes.

Oito. Resolución e recursos

1. A resolución de concesión indicará as actuacións subvencionables, o seu custo, as condicións que se deberán cumprir para a execución da obra, así como o prazo para a súa finalización. Ademais, fixará a contía da subvención concedida que, de ser o caso, poderá ter carácter plurianual.

2. Para a concesión das axudas atenderase á orde cronolóxica de entrada das solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para tal fin, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que esta quedase validamente presentada, por terse cuberto na forma correcta e ir acompañada da totalidade dos documentos exixidos nas bases reguladoras deste programa e nesta resolución.

3. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será dous (2) meses, contados desde a data de presentación da solicitude. Finalizado o citado prazo sen que se dite e notifique a resolución, os concellos solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Contra a resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS. O prazo de interposición deste recurso será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da notificación.

Nove. Xustificación da subvención

A xustificación da execución das obras subvencionadas realizarase conforme o seguinte procedemento:

1. O concello beneficiario deberá comunicar á correspondente área provincial do IGVS o remate das obras nun prazo máximo de quince (15) días. Este prazo comezará a contar desde a súa finalización ou desde o remate do prazo máximo fixado na resolución de concesión da subvención para a terminación das obras. A comunicación deberá facerse por vía electrónica, conforme o anexo XVI (código de procedemento VI422F), en que se deberá facer unha declaración de estar ao día no cumprimento de obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, para poder proceder ao pagamento de acordo co artigo 60.4 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Co citado anexo deberá xuntarse, segundo os casos, a seguinte documentación:

A. Para o caso de xustificar a comunicación parcial das obras:

– Certificación expedida pola secretaría do concello, co visto e prace da persoa titular da Alcaldía, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da parte executada da subvención, en que se faga constar o cumprimento das actuacións da anualidade que se certifica, así como os conceptos e contías relativos aos gastos totais soportados polo concello e imputables a esta certificación, coa seguinte relación: identificación da persoa acredora, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e recoñecemento da obriga polo órgano competente.

A citada conta xustificativa incorporará, en todo caso, a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control, da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención, de acordo co establecido no artigo 8 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións a entidades locais galegas.

O importe xustificado á conta non poderá ser superior, en ningún caso, ao 80 % do total da subvención concedida.

– Memoria explicativa das obras realizadas.

– Fotografías que mostren as obras realizadas.

– Documentos acreditativos dos gastos realizados con medios e recursos propios e a indicación, de ser o caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia no punto anterior.

– Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e da súa procedencia.

– Copia de tres ofertas, de conformidade co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no suposto de que o importe do gasto subvencionable da actuación supere a contía de 40.000 euros. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

B. Para o caso de xustificar a comunicación final das obras:

1. Co remate das obras deberá presentarse, ademais da documentación sinalada no punto anterior, unha certificación da secretaría do concello acreditativa desta circunstancia, acompañada da súa acta de recepción, en que se indique que se cumpriu a finalidade da subvención. Non será necesario achegar a copia das tres ofertas sinaladas no parágrafo anterior no caso de telas presentado con anterioridade.

2. Transcorrido o prazo indicado sen que o concello beneficiario presente a documentación xustificativa, o órgano instrutor requirirao para que a presente nun prazo de dez (10) días.

3. En ningún caso se admitirá a presentación de documentación xustificativa da subvención con posterioridade ao 30 de outubro da anualidade que se vaia xustificar, salvo que o requirimento sinalado no punto anterior se fixese dentro dos dez (10) días anteriores a esa data.

4. No caso de que o ritmo de execución das obras fose diferente ao establecido na resolución de concesión, poderán reaxustarse as anualidades mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, logo de solicitude do concello, sempre que exista dispoñibilidade orzamentaria para a súa realización.

5. No caso de non terse presentado a xustificación da anualidade correspondente nos prazos indicados nin terse procedido a un reaxuste das anualidades, perderase o dereito ao cobramento da parte da subvención correspondente á citada anualidade, o que lle será notificado ao concello interesado a través da oportuna resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

6. Presentada a documentación xustificativa e logo das comprobacións e inspeccións que se consideren oportunas, a persoa titular da Área Provincial do IGVS emitirá informe sobre o cumprimento dos requisitos e elevará unha proposta de pagamento á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Dez. Obrigas dos concellos beneficiarios

Os concellos beneficiarios terán as obrigas recollidas no ordinal décimo noveno da resolución pola que se aproban as bases reguladoras deste programa.

VI. Convocatoria das subvencións para o Programa de infravivenda (código de procedemento VI406A).

Décimo sexto. Convocatoria das subvencións para o Programa de infravivenda (código de procedemento VI406A)

Un. Obxecto

1. Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que residan, en condicións de propietarias, nunha infravivenda e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.

2. Así mesmo, estas subvencións terán por obxecto permitir aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal para destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nas bases reguladoras.

Dous. Crédito orzamentario

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451A.760.0, por importe de 274.337€, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2021.

Tres. Actuacións subvencionables

Considerarase actuación subvencionable a execución de obras de rehabilitación en edificacións e vivendas, co obxecto de que estas acaden unhas mínimas condicións de habitabilidade.

En concreto, serán subvencionables con cargo a este programa as actuacións que teñan por obxecto:

– A reforma ou rehabilitación de elementos exteriores.

– A mellora das condicións estruturais e de seguranza.

– A mellora da accesibilidade da edificación ou das vivendas.

– A mellora da habitabilidade. Dentro destas últimas, será subvencionable a execución de obras que eviten a entrada no edificio do gas radon ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

Catro. Concellos beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data de publicación da presente convocatoria.

2. Para poder ser beneficiarios destas subvencións os concellos deberán ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, en que o seu prazo de presentación estivese vencido.

3. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Cinco. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 30 de abril de 2021 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicada no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Seis. Solicitudes e documentación complementaria

1. A solicitude de concesión realizarase conforme o formulario que se incorpora como anexo XVII (código de procedemento VI406A) desta convocatoria. Deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a edificación ou a vivenda.

2. No caso de que os concellos pretendan financiar varias actuacións a través desta convocatoria, deberán presentar unha solicitude para cada unha delas. Ningún concello poderá presentar máis dunha solicitude para a mesma infravivenda nin poderá solicitar unha subvención para traballos correspondentes a actuacións xa subvencionadas en convocatorias anteriores na mesma infravivenda.

3. A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, a persoa titular da Alcaldía ou a persoa en que esta delegue.

4. Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Certificado do acordo municipal de solicitar a subvención ao IGVS, aceptando os termos da convocatoria, de conformidade coa memoria, o orzamento e o prazo de execución propostos na documentación que se xunta á solicitude.

b) Para o suposto de que a vivenda sexa de titularidade privada, o anexo XVIII (código de procedemento VI406A) de autorización das persoas propietarias do inmoble, membros da unidade de convivencia, para que o concello execute as obras de rehabilitación, así como o compromiso de dedicar a vivenda a domicilio habitual e permanente da unidade de convivencia durante un prazo non inferior a cinco anos, contado desde a finalización das obras.

c) Certificado da secretaría municipal en que se acredite que se cumpriron os requisitos recollidos no artigo 7 das bases reguladoras deste programa.

d) Proxecto técnico ou memoria relativa á infravivenda obxecto das actuacións. Deberá vir acompañado da seguinte documentación:

– Informe social sobre as circunstancias persoais, así como das económico-sociais de cada un dos membros da unidade de convivencia. No caso de tratarse dunha infravivenda de titularidade municipal que aínda non estea ocupada por unha unidade de convivencia, non se presentará este informe.

– Informe asinado pola persoa técnica municipal relativo á localización da infravivenda, das súas características e do seu estado de deterioración. Este informe deberá ir acompañado dunha reportaxe fotográfica en cor da edificación ou vivenda e dunha xustificación da necesidade e idoneidade das actuacións propostas.

– Memoria da actuación proposta, do orzamento de execución material e do calendario de execución.

– Informe da persoa técnica municipal de que as actuacións propostas cumpren coa lexislación vixente.

– Informe municipal sobre o financiamento da actuación que xustifique a súa viabilidade.

– Certificado do correspondente órgano do concello de que o nivel de renda da unidade de convivencia das persoas beneficiarias entra dentro dos criterios establecidos nesta resolución. No caso de tratarse dunha infravivenda de titularidade municipal que aínda non estea ocupada por unha unidade de convivencia, non se presentará este certificado.

– No caso de tratarse dunha vivenda de titularidade municipal, certificado da secretaría municipal en que se acredite que a edificación ou vivenda obxecto de rehabilitación é de titularidade municipal.

– No caso de que a edificación ou vivenda pertenza a algún dos membros da unidade de convivencia, certificado da secretaría municipal en que se acredite a propiedade da edificación ou da vivenda obxecto de rehabilitación.

Sete. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF do concello.

2. No caso de que os concellos interesados se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo XVII (código de procedemento VI406A) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso do concello interesado para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar aos concellos interesados a presentación dos documentos correspondentes.

Oito. Resolución e recursos

1. A resolución de concesión indicará as actuacións subvencionables, o seu custo, as condicións que se deberán cumprir para a execución da obra, así como o prazo para a súa finalización. Ademais, fixará a contía da subvención concedida.

2. Para a concesión das axudas atenderase á orde cronolóxica de entrada das solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para tal fin, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que esta quedase validamente presentada, por terse cuberto na forma correcta e ir acompañada da totalidade dos documentos exixidos nas bases reguladoras deste programa e nesta resolución.

3. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será dous (2) meses, contados desde a data de presentación da solicitude. Finalizado o citado prazo sen que se dite e notifique a resolución, os concellos solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Contra a resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS. O prazo de interposición deste recurso será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Nove. Xustificación da subvención

A xustificación da execución das obras subvencionadas realizarase conforme o seguinte procedemento:

1. O concello beneficiario deberá comunicar á correspondente área provincial do IGVS o remate das obras nun prazo máximo de quince (15) días. Este prazo comezará a contar desde a súa finalización ou desde o remate do prazo máximo fixado na resolución de concesión da subvención para a terminación das obras. A comunicación deberá facerse por vía electrónica, conforme o anexo XIX (código de procedemento VI406A), en que se deberá facer unha declaración de estar ao día no cumprimento de obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, para poder proceder ao pagamento, de acordo co artigo 60.4 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Xunto co citado anexo deberá xuntarse, segundo os casos, a seguinte documentación:

– Certificación expedida pola secretaría do concello, co visto e prace da persoa titular da Alcaldía, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, na que se faga constar de forma detallada o cumprimento da finalidade da subvención, así como os conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados polo concello e imputables a esta actuación, coa seguinte relación: identificación da persoa acredora, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e recoñecemento da obriga polo órgano competente.

A citada conta xustificativa incorporará, en todo caso, a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control, da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención, de acordo co establecido no artigo 8 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións a entidades locais galegas.

– Memoria explicativa das obras realizadas.

– Fotografías que mostren as obras realizadas.

– Documentos acreditativos dos gastos realizados con medios e recursos propios e a indicación, de ser o caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia no punto anterior.

– Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e da súa procedencia.

– Copia de tres ofertas, de conformidade co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no suposto de que o importe do gasto subvencionable da actuación supere a contía de 40.000 euros. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

2. Transcorrido o prazo indicado sen que o concello beneficiario presente a documentación xustificativa, o órgano instrutor requirirao para que a presente nun prazo de dez (10) días.

3. En ningún caso se admitirá a presentación de documentación xustificativa da subvención con posterioridade ao 30 de novembro do ano da convocatoria, salvo que o requirimento sinalado no punto anterior se fixese dentro dos dez (10) días anteriores a esa data.

4. Unha vez presentada a documentación xustificativa e logo das comprobacións e inspeccións que se consideren oportunas, a persoa titular da Área Provincial do IGVS emitirá informe sobre o cumprimento dos requisitos e elevará unha proposta de pagamento á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Dez. Obrigas dos concellos

Os concellos beneficiarios terán as obrigas recollidas no artigo 21 da Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras deste programa.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file