Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15756

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 10 de marzo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG núm. 211, do 6 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 27 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, nos seguintes lugares:

– Pavillóns números 1 e 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda para os/as aspirantes con domicilio nas provincias da Coruña e Pontevedra (todos os aspirantes que elixiron a opción de galego e aspirantes da opción de castelán. De: García Fernández, Marta a: Troitiño Rey, Fátima), segundo conste na solicitude de participación no proceso.

– Pavillóns números 1 e 2 do Palacio de Feiras e Congresos de Lugo para os/as aspirantes con domicilio nas provincias de Lugo e noutras comunidades autónomas, segundo conste na solicitude de participación no proceso.

– Pavillón número 1 da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense para os/as aspirantes con domicilio nas provincias de Ourense e Pontevedra (aspirantes que elixiron a opción de castelán. De: Vara Lorenzo, María a: Freiria Igrexas, Laura), segundo conste na solicitude de participación no proceso.

Os/as aspirantes deberanse presentar provistos/as de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021

Camilo Ríos Gestal
Presidente do tribunal