Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 15923

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 18 de marzo de 2021 pola que se procede á ampliación do prazo de presentación de solicitudes da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso á boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

BDNS (Identif.): 547312.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

Modificar o número 1 do artigo 10 no referente ao prazo de presentación de solicitudes, que pasa a ser de corenta e cinco días hábiles.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal