Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 3 de marzo de 2021 polo que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de febreiro de 2021 polo que se aproba o anexo do Plan de transporte público de Galicia sobre a Área de Transporte de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de febreiro de 2021, adoptou o acordo polo que se aproba o anexo do Plan de transporte público de Galicia sobre a Área de Transporte de Galicia.

Para o coñecemento xeral do antedito anexo do Plan de transporte público de Galicia sobre a Área de Transporte de Galicia, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade resolve dispor a publicación do documento aprobado, que estará dispoñible para a súa consulta no seguinte enderezo web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/seccion-tema/c/CIV_Transporte_de_viaxeiros?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Transporte_publico_Galicia/seccion.html&std=ptpg.html

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade