Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 9 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de varias subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

Intentadas as notificacións das resolucións ditadas polo xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Ourense, polas que se acorda a procedencia de reintegro da subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e á súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servicio de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Ourense, situado na avenida da Habana, 79, 7ª planta, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 9 de marzo de 2021

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Apelidos e nome

Nº expediente

Notificación

Data ac.

José Manuel Conde Losada

TR349A 2014/23-3

Ac. procedencia

19.1.2021

Alpa Gestión, S.C.

TR349A 2014/24-3

Ac. procedencia

19.1.2021

Mª Luz Gómez Álvarez, S.L.

TR349A 2014/99-3

Ac. procedencia

19.1.2021

Domingo Moldes Franco

TR349A 2014/141-3

Ac. procedencia

19.1.2021

Merhogar Ourense, S.L.

TR349A 2016/24-3

Ac. procedencia

20.1.2021

Ángel Modesto Rodríguez González

TR341D 2014/25-3

Ac. procedencia

19.1.2021

Esperanza Pérez Rodríguez

TR341D 2014/71-3

Ac. procedencia

19.1.2021

David Cantón Gómez

TR341D 2014/111-3

Ac. procedencia

19.1.2021

Concepción Rodríguez Costa

TR341D 2014/149-3

Ac. procedencia

19.1.2021

Mónica Martínez Imbuluzqueta

TR341D 2014/189-3

Ac. procedencia

19.1.2021

José Manuel Rodríguez Fernández

TR341O 2014/57-3

Ac. procedencia

19.1.2021

Clyo Michelle Lugo García

TR341O 2014/185-3

Ac. procedencia

19.1.2021