Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16013

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 5546-19-S).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 5546/2019

Xulgado de orixe/autos: SSS Seguridade Social 802/2018 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: Mutual Midat Cyclops

Avogado: Luis Manuel Rodero Díaz

Recorrido/s: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Herminio José del Valle Moreno, Manuela Gorín Suárez, Parrillada As Mariñas Altas

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Eloy González González

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 5546/2019 desta sección, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral de la Seguridade Social, Herminio José del Valle Moreno, Manuela Gorín Suárez, Parrillada As Mariñas Altas, sobre accidente, foi pronunciada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación letrada da Administración de xustiza María Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 23 de setembro de 2020.

O anterior escrito subscrito polo letrado Eloy González González, en representación de Herminio José del Valle Moreno, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para compareceren por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 5 da Coruña que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Vista a nota de referencia da xestora, notifíquese á demandada Manuela Gorín Suárez tanto a sentenza pronunciada como a presente dilixencia de ordenación, a través do DOG.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Parrillada As Mariñas Altas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza