Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16216

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 10 de marzo de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por quenda e orde de puntuacións obtidas, e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade co establecido na base IV.2 da orde de convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista na dita base.

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que figuran nela.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución do tribunal poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

Francisco Rosendo Alonso Fernández
Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018

Orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

Total

1

***1557**

Gómez Piñeiro, Isaac

PI

30,050

26,470

13,230

Exento

69,750

2

***3218**

Naya Belio, Laura

AL

29,830

22,250

15,880

Exenta

67,960

3

***8548**

González Martínez, Iván

AL

28,020

20,840

14,150

Exento

63,010

4

***2568**

Álvarez Diñeiro, David

AL

27,570

20,000

13,930

Exento

61,500

5

***8908**

Cernadas Soto, Jesús Javier

AL

28,360

21,400

10,350

Exento

60,110

6

***0062**

Vila Vilariño, María Isabel

AL

27,000

20,840

11,850

Exenta

59,690

7

***8006**

Martínez Alfonsín, Leticia

AL

26,770

21,690

10,200

Exenta

58,660

8

***6463**

Fernández Añón, Roi

AL

20,110

25,630

10,000

Exento

55,740

9

***4793**

López Muíña, Sergio

AL

22,370

20,840

10,480

Exento

53,690