Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16173

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT207E).

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Neste sentido, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), no exercicio das súas competencias, é consciente da importancia de establecer medidas de estímulo á creación, ten como obxectivo promover a xeración de novas propostas narrativas de especial valor cinematográfico co propósito de contribuír ao enriquecemento cultural do país a través das distintas formas de expresión audiovisual, e pode conceder subvencións para o logro dos seus obxectivos.

Nesta resolución establécense as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións para a escritura e produción de proxectos en versión orixinal galega, entendendo como tal a rodaxe/gravación en lingua galega, co obxectivo de impulsar a creación e, ao mesmo tempo, contribuír ao cumprimento das tarefas que a Lei do audiovisual atribúe ao sector na normalización da lingua galega.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron concedidas, apróbanse as bases e a convocatoria pública de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego,

RESOLVO:

Primeira. Obxecto e finalidade

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e dos obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto establecer e aprobar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións, o desenvolvemento de guións, a realización de curtametraxes e a posprodución de curtametraxes a cargo de creadores individuais, e a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT207E).

Segunda. Principios de xestión e procedemento de concesión

1. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

2. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, pero incompatibles con outras para o mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. No caso de percibirse outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

3. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, pode superar o 100 % do custo do evento.

4. Nos anexos da presente resolución deberase cubrir a declaración das axudas percibidas polos solicitantes.

5. A xestión destas subvencións realizarase polo procedemento de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

6. Estas bases, así como a guía de procedementos e servizos, estarán dispoñibles no seguinte enderezo web https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos, nas dependencias desta axencia e na súa páxina web, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

7. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. Normativa aplicable

A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto na presente resolución aprobatoria das bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego e de convocatoria para o ano 2021; á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións; á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e supletoriamente á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como aos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións; á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; á Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia; á Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine, e demais normativa de xeral aplicación.

Cuarta. Modalidades

1. Poderán ser obxecto de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais as seguintes modalidades de proxectos:

Modalidade A: axudas á escrita individual de guión en galego. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias para longametraxes cinematográficas. A contía adxudicada por proxecto será de 5.000 euros.

Modalidade B: subvencións a curtametraxes, coas seguintes submodalidades:

B1. Axudas a curtametraxes sobre proxecto en versión orixinal galega cunha duración inferior a 60 minutos. As subvencións terán unha contía de 6.000 euros.

B2. Axudas a curtametraxes en construción, que estean gravadas en versión orixinal galega, teñan unha duración inferior a 60 minutos e realicen os traballos de posprodución en Galicia. As subvencións terán unha contía de 4.000 euros.

Modalidade C: subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega cunha duración igual ou superior aos 60 minutos, que se correspondan con propostas de especial valor artístico e creativo e que conten cun realizador que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica. As subvencións terán unha contía de 30.000 euros.

Modalidade D: subvencións a proxectos de webserie en versión orixinal galega, cun mínimo de 3 capítulos e unha duración mínima total de 30 minutos, que teñan unha unidade argumental e continuidade entre os episodios.

2. Cada proxecto deberá estar inscrito nunha soa modalidade.

Quinta. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas subvencións referidas nas modalidades A e B1 todas as persoas físicas residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, sempre que non realicen o proxecto para o cal solicitan a subvención de xeito profesional.

2. Poderán optar ás subvencións referidas nas modalidades B2, C e D os/as directores/as residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que estean constituídos como produtora individual no momento de presentar a solicitude. Así mesmo, poderán optar aquelas persoas xurídicas constituídas como produtoras e dadas de alta na actividade no momento de presentar a solicitude e establecidas na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

3. Non poderán ser beneficiarias da modalidade B2 aquelas persoas que presenten un proxecto procedente de anteriores convocatorias de axudas da Agadic, en calquera das liñas existentes.

4. Non poderán acceder ás subvencións os solicitantes que se encontren afectados por algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sexta. Procedemento, créditos, contías e límites

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Para a concesión das subvencións destínase un crédito global de 194.000 euros, correspondente ás aplicacións seguintes dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais, que irán repartidas, 66.000 con cargo á aplicación orzamentaria 2021.10.A1.432B.480.0 da anualidade 2021 e 128.000 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0, distribuídos en dúas anualidades: 15.000 euros da anualidade 2021 e 113.000 euros da anualidade 2022.

3. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tras a declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. A alteración da distribución dos créditos establecida nesta convocatoria non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

4. O crédito distribuirase do seguinte xeito entre as distintas modalidades:

– 6 proxectos da submodalidade A (5.000 euros).

– 6 proxectos da submodalidade B1 (6.000 euros).

– 2 proxectos da submodalidade B2 (4.000 euros).

– 3 proxectos da modalidade C (30.000 euros).

– 2 proxectos da modalidade D (15.000 euros).

Sétima. Inicio do procedemento: solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Oitava. Prazo de presentación das solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

2. Se a solicitude non estiver debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Novena. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Ademais da solicitude (anexo I), que será a publicada coa correspondente convocatoria anual, os interesados nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

1.1. Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

1.2. Se a persoa solicitante está domiciliada fóra da Comunidade Autónoma de Galicia (nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea), certificado de empadroamento.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.4. Se a persoa solicitante é persoa xurídica estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.

1.5. Documentación acreditativa de ter autorización expresa do/da propietario/a dos dereitos da obra preexistente, de ser o caso.

2. As persoas solicitantes deberán enviar a seguinte documentación específica:

2.1. Modalidade A: escrita individual de guión para longametraxe cinematográfica.

2.1.1. Historial profesional do/da solicitante.

2.1.2. Memoria explicativa do proxecto cunha extensión de entre 250 e 750 palabras, que inclúa as intencións do guionista con respecto á obra así como as accións previstas de cara ao seu desenvolvemento.

2.1.3. Sinopse argumental cunha extensión máxima de 250 palabras.

2.1.4. Tratamento secuenciado do proxecto de guión, cunha extensión de entre 2.500 e 5.000 palabras.

Modalidade B: curtametraxes sobre proxecto e curtametraxes en construción.

2.2. Submodalidade B1 (curtametraxes sobre proxecto):

2.2.1. Memoria explicativa do proxecto, cunha extensión de entre 250 e 750 palabras, na cal consten as intencións artísticas do/da director/a e a proposta de promoción e distribución da curtametraxe.

2.2.2. Sinopse do proxecto, cunha extensión de 250 palabras.

2.2.3. Guión definitivo, técnico ou literario, da película.

2.2.4. Calendario e plan de produción.

2.2.5. Currículo do equipo técnico-artístico.

2.3. Submodalidade B2 (curtametraxes en construción):

2.3.1. Memoria explicativa do proxecto, cunha extensión de entre 250 e 750 palabras, na cal consten as intencións artísticas do/da director/a e a proposta de promoción e distribución da curtametraxe.

2.3.2. Sinopse do proxecto cunha extensión máxima de 250 palabras.

2.3.3. Enlace ao primeiro corte da curtametraxe, con chave de acceso.

2.3.4. Calendario e plan de remate dos traballos de montaxe e posprodución.

2.3.5. Orzamento do proxecto segundo o modelo publicado na páxina web da Agadic

2.3.6. Calquera outra documentación que o solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

2.4. Modalidade C: longametraxe.

2.4.1. Historial profesional do/da director/a.

2.4.1. Historial, xunto coas cartas de compromiso correspondentes, dos seguintes membros do equipo creativo, técnico e artístico que intervirán na produción, se é o caso: guionista, produtor/a executivo/a, compositor/a da banda sonora, director/a de fotografía, montador/a, director/a de arte, director/a de son, actores e actrices e outros profesionais que se queiran engadir por achegar valor á produción.

2.4.2. Unha memoria asinada polo/a director/a da película na cal describirá, entre outros aspectos, as súas intencións artísticas, a proposta estética e o carácter innovador do proxecto en canto á temática e narrativa.

2.4.3. Sinopse argumental dun máximo de 250 palabras páxina.

2.4.4. Guión definitivo do proxecto ou tratamento, de ser o caso.

2.4.5. Cronograma do proxecto e breve descrición dos plans de produción, localizacións e rodaxe.

2.4.6. Orzamento do proxecto (segundo o modelo publicado na páxina web da Agadic).

2.4.7. Descrición das intencións en canto á promoción e difusión da obra.

2.4.8. Calquera outra documentación que o solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

2.5. Modalidade D: webserie.

2.5.1. Unha memoria asinada polo/a director/a da webserie na cal describirá, entre outros aspectos, as súas intencións en canto á proposta estética e narrativa, as referencias audiovisuais e o carácter innovador do proxecto, así como os plans de difusión previstos.

2.5.2. Sinopse argumental dun máximo de 250 palabras.

2.5.3. Tratamento completo e guión definitivo de todos os capítulos.

2.5.4. Historial, xunto coas cartas de compromiso correspondentes, dos seguintes membros do equipo creativo, técnico e artístico que intervirán na produción, se é o caso: guionista, produtor/a executivo/a, compositor/a da banda sonora, director/a de fotografía, montador/a, director/a de arte, director/a de son, actores e actrices e outros profesionais que se queiran engadir por achegar valor á produción.

2.5.5. Orzamento do proxecto (segundo o modelo publicado na páxina web da Agadic).

2.5.6. Calquera outra documentación que o solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

2.6. As seguintes declaracións e/ou compromisos responsables, recollidos no anexo I:

2.6.1. Para os solicitantes da modalidade A (escrita de guión):

2.6.1.1. Declaración responsable onde consten as longametraxes realizadas en que participou como guionista.

2.6.1.2. Declaración das subvencións á escrita de guión recibidas polo/a solicitante con anterioridade á presente convocatoria.

2.6.2. Para os solicitantes da modalidade B, submodalidade B1 (curtametraxes sobre proxecto):

2.6.2.1. Declaración responsable con especificación das longametraxes realizadas polo/a director/a.

2.6.2.2. Declaración dos títulos dirixidos polo/a director/a que recibiron subvención da Xunta de Galicia á realización de curtametraxes con anterioridade á convocatoria.

2.6.3. Para os solicitantes da modalidade B, submodalidade B2 (curtametraxes en construción).

2.6.3.1. Declaración responsable de que o proxecto non foi beneficiario de subvención en anteriores convocatorias da Agadic, en calquera das liñas e modalidades de realización e produción de obras audiovisuais.

2.6.4. Para os solicitantes da modalidade C (longametraxe):

2.6.4.1. Declaración das longametraxes dirixidas polo/a director/a proposto/a.

2.6.4.2. Declaración dos títulos dirixidos polo/a director/a que recibiron subvención da Xunta de Galicia á realización de longametraxe con anterioridade á presente convocatoria.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou eses documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica da documentación será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da documentación.

Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que for realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algúns dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décima. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

– Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día do pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Undécima. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Décimo segunda. Trámites administrativos posteriores

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo terceira. Instrución do procedemento

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1º. Examinar as solicitudes e a documentación presentadas.

2º. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resultase de obrigado cumprimento.

3º. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir datos, información complementaria ou aclaratoria necesaria aos interesados, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou aos profesionais ou expertos consultados para as xestións das solicitudes.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que derivasen destas bases. Para estes efectos, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención. Para realizar estas funcións, poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Dirección da Agadic para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e na restante normativa vixente que resulte de aplicación.

Décimo cuarta. Comisións de valoración

1. Para a avaliación dos proxectos presentados constituiranse dúas comisións de valoración nomeadas pola persoa titular da Dirección da Agadic. Os seus membros terán que declarar por escrito non ter relación cos solicitantes ou, de ser o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria anual.

2. Son órganos colexiados e estarán constituídas:

A primeira, formada por unha persoa do cadro de persoal da Agadic e dous dos profesionais expertos no ámbito do audiovisual que avaliarán os proxectos presentados á modalidade A –escrita de guión– e C –realización de longametraxe–.

A segunda, formada pola outra persoa do cadro de persoal da Agadic e os outros dous profesionais expertos no ámbito do audiovisual que avaliarán os proxectos presentados ás modalidades B –curtametraxes sobre proxecto e curtametraxes en construción– e D –realización de webserie–.

Unha persoa do cadro de persoal da Agadic, sen dereito a voto, fará as funcións de secretario/a, das dúas comisións, e será presidente da comisión o director da Agadic.

3. A Comisión de Avaliación elaborará un informe preceptivo que será motivado, nela relacionará os proxectos examinados por orde de prelación e indicará a puntuación de cada un dos criterios e para cada unha das solicitudes, e fará unha proposta dos proxectos subvencionables que obteñan maior puntuación: 6 proxectos da modalidade A, 6 proxectos da submodalidade B1, 2 proxectos da submodalidade B2, 3 proxectos da modalidade C e 2 proxectos da modalidade D.

4. Entre os proxectos propostos para seren subvencionados, farase a seguinte reserva:

– Dos seis proxectos subvencionables da modalidade A, dous estarán reservados para aqueles solicitantes que non figuren como guionistas en ningunha longametraxe realizada e que non teñan recibido axudas á escrita de guión en anteriores convocatorias da Xunta de Galicia ou da Agadic, sen prexuízo de reasignar as adxudicacións entre os demais solicitantes se non hai suficientes proxectos que acaden a puntuación exixida.

– Dos seis proxectos subvencionables da modalidade B1, catro estarán reservados para aqueles solicitantes que non figuren como director de ningunha longametraxe realizada e que non teñan recibido axudas á realización de curtametraxes en anteriores convocatorias da Xunta de Galicia ou da Agadic, sen prexuízo de reasignar as adxudicacións entre os demais solicitantes se non hai suficientes proxectos que acaden a puntuación exixida.

– Dos tres proxectos da modalidade C reservaranse dous proxectos para aquelas solicitudes cuxo/a director/a non teña recibido subvencións á realización de longametraxes en anteriores convocatorias da Xunta de Galicia ou da Agadic.

5. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidas ben co crédito que quede libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións.

Décimo quinta. Criterios de valoración

1. Os criterios de valoración que aplicará a Comisión serán os seguintes:

Modalidade A: escrita de guión

Máximo 30 puntos

a) Interese e orixinalidade da proposta: creatividade do argumento, universalidade da temática, aspectos singulares con respecto a obras xa existentes, potencial contribución á diversidade cinematográfica.

Ata 10 puntos, atendendo aos parámetros descritos e con motivación da Comisión

b) Calidade e viabilidade: calidade da proposta, valor artístico do tratamento, traballos previos de investigación e recompilación de información realizados, intencións en canto a traballos de desenvolvemento, potencial para a produción cinematográfica, indicación do target de público obxectivo para o contido proposto.

Ata 10 puntos, atendendo aos parámetros descritos e con motivación da Comisión

c) Contribución cultural definida a través dos seguintes parámetros: que contribúa ao enriquecemento da cultura audiovisual galega, que poña en valor o talento creativo e artístico galego, que sexa unha adaptación dunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega, que aborde temas actuais culturais, sociais ou políticos relacionados con Galicia, que a acción se desenvolva en Galicia, que utilice referencias ao patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego.

10 puntos se o proxecto cumpre dous dos parámetros que se detallan

Modalidade B: curtametraxes

B1: realización de curtametraxes sobre proxecto

Máximo 30 puntos

a) Calidade e creatividade do proxecto: terase en conta a relevancia e orixinalidade da temática, a proposta estética, o valor artístico, o seu carácter arriscado e innovador, a contribución á diversidade cinematográfica e o potencial de circulación.

Ata 15 puntos atendendo aos parámetros descritos e con motivación da Comisión

b) Viabilidade cinematográfica: teranse en conta as posibilidades de realización da proposta con base na súa temática e o grao de dificultade en canto a localizacións e equipo técnico e artístico para levala a cabo.

Ata 5 puntos atendendo aos parámetros descritos e con motivación da Comisión

c) Contribución cultural definida a través dos seguintes parámetros: que contribúa ao enriquecemento da cultura audiovisual galega, que poña en valor o talento creativo e artístico galego, que sexa unha adaptación dunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega, que aborde temas actuais culturais, sociais ou políticos relacionados con Galicia, que a acción se desenvolva en Galicia, que utilice referencias ao patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego.

10 puntos se o proxecto cumpre dous dos parámetros que se detallan

B2: curtametraxes en construción

Máximo 35 puntos

a) Calidade e creatividade do material fílmico presentado: terase en conta a relevancia e orixinalidade da temática, a estética, o valor artístico e cultural, o seu carácter arriscado e innovador, a contribución á diversidade cinematográfica e o potencial de circulación.

Ata 15 puntos atendendo aos parámetros descritos e con motivación da Comisión

b) Traballos de remate e posprodución propostos e adecuación ao orzamento presentado.

Ata 5 puntos con motivación da Comisión

c) Plan de lanzamento e difusión da película: terase en conta a presentación dunha estratexia e a coherencia das accións deseñadas para a difusión da obra.

Ata 5 puntos con motivación da Comisión

d) Contribución cultural definida a través dos seguintes parámetros: que contribúa ao enriquecemento da cultura audiovisual galega, que poña en valor o talento creativo e artístico galego, que sexa unha adaptación dunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega, que aborde temas actuais culturais, sociais ou políticos relacionados con Galicia, que a acción se desenvolva en Galicia, que utilice referencias ao patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego.

10 puntos se o proxecto cumpre dous dos parámetros que se detallan

Modalidade C: longametraxes

Máximo 35 puntos

a) Calidade e creatividade da proposta: terase en conta a relevancia e orixinalidade da temática, a estética, o valor artístico e cultural, o seu carácter innovador, a composición do equipo técnico e artístico, a contribución á diversidade cinematográfica.

Ata 15 puntos atendendo aos parámetros descritos e con motivación da Comisión

b) Deseño de produción e adecuación do orzamento ao proxecto presentado.

Ata 5 puntos con motivación da Comisión

c) Potencial de circulación da obra e plan de lanzamento. Valorarase a presentación dunha estratexia e a coherencia entre o proxecto e as accións deseñadas para a súa difusión.

Ata 5 puntos con motivación da Comisión

d) Contribución cultural definida a través dos seguintes parámetros: que contribúa ao enriquecemento da cultura audiovisual galega, que poña en valor o talento creativo e artístico galego, que sexa unha adaptación dunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega, que aborde temas actuais culturais, sociais ou políticos relacionados con Galicia, que a acción se desenvolva en Galicia, que utilice referencias ao patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego.

10 puntos se o proxecto cumpre dous dos parámetros que se detallan

Modalidade D: webseries

Máximo 35 puntos

a) Calidade e creatividade da proposta: terase en conta a relevancia e orixinalidade da temática, a estética, o valor artístico e cultural, o seu carácter innovador, a composición do equipo técnico e artístico, a contribución á diversidade do audiovisual.

Ata 15 puntos atendendo aos parámetros descritos e con motivación da Comisión

b) Deseño de produción e adecuación do orzamento ao proxecto presentado

Ata 5 puntos con motivación da Comisión

c) Plan de difusión. Lanzamento nas redes sociais e plataformas.

Ata 5 puntos con motivación da Comisión

d) Contribución cultural definida a través dos seguintes parámetros: que contribúa ao enriquecemento da cultura audiovisual galega, que poña en valor o talento creativo e artístico galego, que sexa unha adaptación dunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega, que aborde temas actuais culturais, sociais ou políticos relacionados con Galicia, que a acción se desenvolva en Galicia, que utilice referencias ao patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego.

10 puntos se o proxecto cumpre dous dos parámetros que se detallan

Décimo sexta. Resolución da convocatoria

1. Unha vez instruído o procedemento, o órgano instrutor, en vista do expediente, da documentación requirida e do informe motivado da Comisión Avaliadora, ditará a proposta de resolución, onde indicará o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, e elevaraa á Presidencia da Agadic.

2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG nº 164), deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública, será motivada e fará mención expresa dos beneficiarios, da contía da axuda e informará expresamente do seu carácter de minimis en virtude do disposto no artigo 6 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, así como dunha desestimación xeneralizada do resto dos proxectos solicitantes.

3. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que os interesados poidan entender rexeitada a súa solicitude por silencio administrativo.

4. A resolución da convocatoria anual correspondente porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Décimo sétima. Notificacións de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar por medios electrónicos.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, efectuarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas os avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificación só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou for expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Unha vez notificada a resolución, os beneficiarios comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

Deberá comunicarse por escrito ao beneficiario o importe da axuda (en equivalente bruto de subvención) e o seu carácter de axuda de minimis exenta en aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Décimo oitava. Xustificación e gastos subvencionables

1. O prazo de xustificación da subvención rematará, para as modalidades A e B, o 15 de outubro de 2021, este incluído, e para as modalidades C e D, o 31 de agosto de 2022, este incluído. Transcorrido este prazo sen que se presente a xustificación ante á Agadic, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

2. O beneficiario deberá presentar dentro do prazo de xustificación a memoria xustificativa da realización do proxecto de creación audiovisual, que conterá:

2.1. Unha memoria de actuación con indicación das actividades realizadas para a escrita do guión, realización da curtametraxe, finalización da curtametraxe, realización de longametraxe e realización de webserie, segundo proceda.

2.2. Os seguintes materiais:

2.2.1. Dúas copias do guión definitivo no caso da modalidade A.

2.2.2. Dúas copias no caso das curtametraxes da modalidade B (B1 e B2). Unha delas deberá ser en DCP e a outra en soporte USB, que permita a lectura nun ordenador.

2.2.3. Unha copia en DCP e unha copia en soporte USB que permita a lectura nun ordenador, no caso das modalidade C (longametraxes) e D (webseries).

2.3. Unha copia da inscrición no Rexistro de Propiedade Intelectual.

2.4. Autorización para a socialización da actividade subvencionada con fins culturais e de promoción do audiovisual galego, por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais.

2.5. Declaración actualizada sobre subvencións solicitadas, percibidas ou concedidas e pendentes de percepción para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os dous últimos exercicios fiscais, e durante o exercicio fiscal en curso, ou ben declaración de que a información facilitada ao respecto na solicitude non sufriu variacións desde a data da súa presentación (anexo II).

2.6. Ademais do anterior, para as modalidades B2, C e D, unha memoria económica, que se corresponderá co orzamento presentado e que conterá:

2.6.1. Relación numerada e ordenada por capítulos de gastos que inclúa o número de documento, identificación do acredor, o importe e a data de emisión, a suma parcial (folla por folla) e a suma do total da relación de gastos, excluído o IVE.

2.6.2. Contratos mercantís e relativos á adquisición de dereitos.

2.6.3. Xustificantes do ingreso na Facenda pública das cantidades retidas á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondentes aos contratos formalizados, de acordo coas porcentaxes de retención legalmente establecidas, así como, se é o caso, os xustificantes de pagamento das cotas da Seguridade Social correspondentes aos devanditos contratos.

2.6.4. Facturas ou copias de documentos acreditativos dos gastos realizados con indicación, de ser o caso, do criterio de repartición dos gastos xerais, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento das obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido (na súa última redacción vixente), de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento polo beneficiario ou copias, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

3. Son gastos xustificables os que de maneira indubidable respondan á realización dos traballos de finalización da curtametraxe, realización da longametraxe e realización da webserie, por unha cantidade equivalente ao importe da subvención concedida. Os gastos deberán corresponder ao período subvencionable, que comprende desde o 1 de xaneiro de 2021 ata a data máxima de xustificación establecida na convocatoria, ambas as datas incluídas. En todo caso, deberá enviarse a documentación xustificativa do pagamento ou copias. Non se terán en conta os pagamentos en efectivo.

4. O beneficiario poderá xustificar ata un máximo do 5 % do importe da subvención, en concepto de gastos de amortización de material informático e audiovisual directamente relacionado coa realización do proxecto obxecto da subvención, de duración superior a un exercicio anual, de acordo coas seguintes normas:

4.1. A adquisición do material deberá producirse durante o período subvencionable.

4.2. Para o cálculo do importe que se amortizará dividirase o custo do ben entre 60 meses e o resultado multiplicarase polo número de meses que dure a produción.

4.3. Será imprescindible a presentación da correspondente factura de compra dos bens que se pretendan amortizar ou copias, así como a xustificación do seu pagamento ou copias.

5. Non serán gastos subvencionables:

5.1. O importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos de carácter recuperable.

5.2. Os gastos suntuarios, as gratificacións, as provisións de gastos e as capitalizacións.

5.3. Gastos de subcontratación con empresas vinculadas

6. Completarase a xustificación da subvención unha vez que a Agadic deposite unha das copias da obra entregadas no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), unidade adscrita á Axencia como filmoteca oficialmente recoñecida pola Xunta de Galicia. O persoal técnico do CGAI emitirá un informe conforme a obra se corresponde co proxecto presentado e cumpre cos requisitos establecidos polas bases da convocatoria, que se incorporará ao expediente administrativo.

Décima novena. Obrigas dos beneficiarios

As persoas beneficiarias da subvención teñen que cumprir as obrigas seguintes:

a) Sen prexuízo dos deberes dispostos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto, cambio de título, modificación substancial de contidos ou cambios nos responsables do equipo técnico, notificarase con anterioridade á Agadic, que adoptará as medidas que considere procedentes.

b) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

c) Notificar á Agadic as axudas, ingresos ou recursos que financien a actuación subvencionada, obtidos ou solicitados a outras administracións ou entidades públicas ou privadas, con posterioridade á presentación da solicitude da convocatoria correspondente.

d) Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

e) Dar a publicidade adecuada do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención, tanto nos actos públicos coma no material de difusión que se elabore, comprométense a facer mención expresa da colaboración da Xunta de Galicia no desenvolvemento das actividades subvencionadas.

f) Nas modalidades B (B1, B2), C e D, nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar, centrado e en cartón único: «Coa subvención de Xunta de Galicia», utilizando a imaxe gráfica corporativa que se descargará da páxina web da Xunta de Galicia: https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal

Vixésima. Pagamento

1. A Agadic, consonte as previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia e no 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderá aboarlles a aqueles que obtiveron a condición de beneficiarios en concepto de pagamento anticipado, as seguintes contías:

1.1. Ata o 80 % da subvención concedida na modalidade A e na submodalidade B1.

1.2. Para as modalidades B2, C e D establécese o seguinte réxime de pagamentos anticipados e pagamentos á conta:

1.2.1. Poderase pagar o importe adxudicado na anualidade 2021, sempre e cando non supere o 50 % da subvención concedida, se o importe da anualidade 2021 é inferior ao anterior límite, poderá ser incrementado ata o 50 % da subvención concedida logo de solicitude expresa de reasignación de anualidades á Agadic, que se concederá en función da dispoñibilidade orzamentaria.

Para facer efectivo o pagamento, o beneficiario deberá enviar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións publicas competentes ou outros entes públicos (anexo II), e unha vez que se presente a solicitude de pagamento xunto cunha memoria do estado do proxecto.

1.2.2. Poderanse efectuar pagamentos á conta que respondan ao ritmo de execución dos traballos, que se aboarán pola contía equivalente á xustificación presentada.

2. O importe conxunto dos pagamentos á conta e os pagamentos anticipados que se reciban non poderá ser superior ao 80 % dos pagamentos xustificados nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

3. Os beneficiarios que reciban pagamentos anticipados e pagamentos á conta, cando estes excedan a cantidade de 18.000 euros, deberán constituír unha garantía, mediante seguro de caución prestado por unha entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá cubrir o 110 % do importe do anticipo e alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación. Quedan exonerados da constitución de garantía os beneficiarios nos casos establecidos no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O importe restante será aboado tras o cumprimento dos requisitos enumerados nas cláusulas décimo oitava e décimo novena destas bases.

5. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto o beneficiario non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega. A Agadic está autorizada para proceder á comprobación e a conseguinte verificación destes datos, salvo que as persoas interesadas se opoñan á consulta que, neste caso, deberán achegar os documentos correspondentes.

6. Sen prexuízo das obrigas dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos. As producións subvencionadas deberán axustarse fielmente ao proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto deberá ser autorizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais e non poderá afectar aspectos avaliados pola Comisión.

7. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos (anexo II).

8. Os solicitantes e beneficiarios quedan sometidos ás actuacións de comprobación e control efectuadas polo órgano competente para resolver, así como ás de control financeiro desenvolvidas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou polo Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

9. Ademais, deberanlle facilitar á Agadic toda a información e documentación complementaria que esta considere precisa para a concesión ou o aboamento do importe da subvención.

Vixésimo primeira. Modificación da resolución

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais ten a facultade de revisar as axudas concedidas e modificar a resolución de concesión no caso de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención segundo o disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. O beneficiario ten a obriga de solicitar á Agadic a aceptación de calquera modificación ou alteración relevante ou significativa sobre o proxecto subvencionado. Para que tales modificacións poidan ser tidas en conta na xustificación deberán ser previamente aceptadas pola Agadic. As alteracións non autorizadas, ou non solicitadas, poderán dar lugar á minoración da subvención concedida ou á súa revogación.

3. Non se aceptarán modificacións que afecten os requisitos para poder optar ás subvencións exixidos na base cuarta da presente resolución.

4. En canto ao resto das modificacións solicitadas, a Agadic poderá acordar, de xeito motivado, a modificación da resolución de concesión, coa minoración proporcional derivada das alteracións.

Vixésima segunda. Reintegro

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e das obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Vixésima terceira. Recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file