Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16440

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANUNCIO do 17 de marzo de 2021 polo que se convoca, para vinculación temporal, a cobertura de dúas prazas da categoría de médico xeral do Centro de Transfusión de Galicia (integrado na actualidade na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos).

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e no número 1.2 do Pacto de selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG nº 89, do 9 de maio de 2011), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estructura orgánica do Servizo Galego de Saúde; a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 142/2015, do 17 de septiembre, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, dúas prazas de médico xeral do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) (integrado na actualidade na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que se relacionan na base primeira da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refieren as súas bases, presentaranse, dirixidas á Dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, no Rexistro da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita na rúa Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela, e demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte días naturais contados a partir do siguinte ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, e na intranet da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde
(www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos