Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16442

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 13/2021-CON).

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 13/2021-CON desta sala seguido por instancia de Cooperativas Ourensanas, S. Coop. Galega (Coren) contra Grupo EME Servicios de Seguridad, S.A., Borja Mazaira Sánchez, Icofrío, S.L. Instalaciones Comerciales y Frigoríficas de Vigo, S.L., Servicios de Seguridade Integral e Mantementos A1, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

1º. Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Cooperativas Ourensanas, S. Coop. Galega (Coren) fronte á sentenza do 28 de febreiro de 2020 do Xulgado do Social número 1 de Ourense, ditada nos autos nº 16/2020 seguidos por instancia de Borja Mazaira Sánchez, que confirmamos.

2º. Todo iso condenando en custas á recorrente. Tales custas comprenderán os honorarios do avogado/a ou do graduado/a social colexiado da parte contraria que actuou no recurso en defensa ou en representación técnica no importe de 601 euros.

3º. Ademais, condénase á perda do depósito constituído para recorrer, unha vez esta sentenza sexa firme.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, terá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ó 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo EME Servicios de Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza