Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16444

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 1081/17/20-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1081/17/20-MA por instancia de Rubén Garcías Garaza contra Blanco y Suárez 2015, S.L. e outros, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou Sentenza do 22 de febreiro de 2021 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Que, admitindo integramente a demanda formulada por Rubén Garcías Garaza, que comparece representado polo seu letrado Sr. Fernández García, contra a empresa Blanco y Suárez 2015, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en forma legal e cítase o administrador concursal de Blanco y Suárez 2015, S.L., que non comparece, e contra o Fogasa, que non comparece a pesar de estar citado en forma legal, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 1.444,93 euros.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matogueiras Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Blanco y Suárez 2015, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza