O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 11 de febreiro de 2021, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre no lugar de praia de Seixeliño, San Vicente do Mar, termo municipal do Grove (Pontevedra).
Ao non poder realizar a notificación persoal da incoación e prego de cargos a Ana María Pérez Oubiña, Marina Pérez Oubiña, Jorge Pérez Rivas e aos herdeiros de María Teresa Argibay García, mediante este anuncio, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita incoación e o prego de cargos mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da incoación e prego de cargos que se notifican está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística