O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 9 de febreiro de 2021, aproba a liquidación de xuros de demora derivados dos pagamentos fraccionados en concepto de importe principal da segunda multa coercitiva imposta no expediente IU1/25/2013.
Ao non poderse realizar a notificación a José Mª Romay Castro, mediante este anuncio, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a liquidación de xuros mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da notificación está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística