Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16424

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

En liña coa decidida aposta da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) por modernas modalidades de formación e metodoloxías de ensino, esta convocatoria supón a consolidación do Programa de autoformación iniciado no ano 2013 e que, verificada a súa ampla aceptación entre as persoas destinatarias, renova os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.

A autoformación oriéntase cara a adquisición de coñecementos e habilidades de xeito autónomo, asumindo a persoa participante un papel activo no proceso de aprendizaxe, a través do emprego das tecnoloxías da información e da comunicación, ao mesmo tempo que se lle ofrece a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante unha proba voluntaria que lle dá dereito a obter un certificado de equivalencia.

Esta modalidade permite achegar as actividades da escola a un maior número de persoas ao servizo da Administración, especialmente a aquel que por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación non pode optar pola modalidade presencial. Ademais, con este programa procúrase unha maior independencia do alumnado para elaborar o seu propio plan de aprendizaxe, sen o condicionamento dos prazos.

Polo demais, o programa de autoformación continúa efectuando unha oferta formativa conxunta e, en tal sentido, diríxese a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da comunidade autónoma, ofrecendo un amplo abano de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.

As persoas que desexen participar no programa de autoformación dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas, pero independentes unha da outra: por unha banda poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II.

Cómpre ter en conta que o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas, pero só as persoas que se matriculen nestas probas e as superen teñen dereito a un certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento. En concreto, as probas de avaliación superadas nesta modalidade de formación valoraranse conforme o que establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Función Pública.

Por todo o exposto, e en execución do Plan de formación 2021 da EGAP,

RESOLVO:

Convocar as actividades do programa de autoformación que figuran nesta resolución, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I e II.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Contidos das actividades do programa de autoformación

Bases

Primeira. As actividades

1. As actividades do programa de autoformación son as seguintes:

Código

Actividade

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

AF21001

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia-Contidos

AF21003

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social-Contidos

AF21005

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral-Contidos

AF21007

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia-Contidos

AF21009

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público (EBEP)-Contidos

AF21011

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia-Contidos

AF21013

Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-Contidos

AF21015

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-Contidos

AF21017

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Contidos

AF21019

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Contidos

AF21021

Aspectos básicos da xestión do persoal: a función pública de Galicia-Contidos

AF21023

A responsabilidade patrimonial da Administración pública-Contidos

AF21025

Contratación estratéxica-Contidos

AF21027

Os contratos do sector público-Contidos

AF21029

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións-Contidos

AF21031

A xurisdición contencioso-administrativa-Contidos

AF21033

A protección do menor ante os medios de comunicación-Contidos

AF21035

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica-Contidos

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

AF21039

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-Contidos

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

AF21041

Cambio e motivación nas organizacións-Contidos

AF21043

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Contidos

AF21045

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas-Contidos

AF21047

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-Contidos

AF21049

Básico en prevención de riscos laborais-Contidos

AF21051

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos-Contidos

AF21053

Prevención e xestión de conflitos-Contidos

AF21055

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano-Contidos

AF21057

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero-Contidos

AF21059

Como deseñar presentacións eficaces-Contidos

AF21061

Técnicas elementais de arquivos-Contidos

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

AF21063

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos-Contidos

AF21065

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos-Contidos

AF21067

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Contidos

AF21069

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Contidos

AF21071

Correo electrónico corporativo-Contidos

Plan formativo ofimático de Galicia

AF21073

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-Contidos

AF21075

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft office 2019)-Contidos

AF21077

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office 2019)-Contidos

AF21079

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Contidos

AF21081

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft office 2019)-Contidos

AF21083

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Contidos

AF21085

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)-Contidos

AF21087

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft office 2019)-Contidos

AF21089

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9) -Contidos

AF21091

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10)-Contidos

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, debido a que non existe a figura do/da titor/a, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

Segunda. Acceso aos contidos

1. Todo o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, pode acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

2. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP a partir do día 26 de abril e ata o 20 de decembro de 2021, agás para os contidos sobre aplicacións informáticas de bases de datos, follas de cálculo, tratamento de textos e presentacións gráficas de Microsoft Office 2019 e os de uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo e de tratamento de textos de LibreOffice Writer, que estarán dispoñibles a partir do 24 de maio de 2021.

3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades nas que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

4. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a inscrición. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

5. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo https://egap.xunta.gal/aulavirtual.

6. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

7. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base oitava do anexo II.

ANEXO II

Probas de avaliación das actividades do programa de autoformación

Bases

Primeira. Participación nas probas

1. Pode participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade utónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), que non se encontre en situación de servizos noutras administracións públicas diferentes das que sexan obxecto desta convocatoria, excedencia voluntaria e suspensión de funcións, e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos neste anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, o persoal empregado público da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda. Prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación desenvolveranse en liña de acordo coa seguinte táboa:

Código

Actividade

Prazas

Horas

Data e hora do exame

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

AF21002

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia-Proba de avaliación

200

18

13.9.2021 17.30 h

AF21004

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social-Proba de avaliación

200

20

16.9.2021 18.30 h

AF21006

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral-Proba de avaliación

200

20

4.10.2021 16.30 h

AF21008

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia-Proba de avaliación

200

15

15.9.2021 18.30 h

AF21010

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público (EBEP)-Proba de avaliación

200

25

15.9.2021 17.30 h

AF21012

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia-Proba de avaliación

200

20

15.9.2021 16.30 h

AF21014

Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-Proba de avaliación

200

20

16.9.2021 17.30 h

AF21016

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-Proba de avaliación

200

20

17.9.2021 16.30 h

AF21018

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Proba de avaliación

200

25

16.9.2021 16.30 h

AF21020

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Proba de avaliación

200

25

21.9.2021 16.30 h

AF21022

Aspectos básicos da xestión do persoal: a función pública de Galicia-Proba de avaliación

200

25

13.9.2021 16.30 h

AF21024

A responsabilidade patrimonial da Administración pública-Proba de avaliación

200

30

24.9.2021 17.30 h

AF21026

Contratación estratéxica-Proba de avaliación

200

35

15.10.2021 16.30 h

AF21028

Os contratos do sector público-Proba de avaliación

200

30

20.9.2021 17.30 h

AF21030

Prestacións da seguridade social e cotizacións-Proba de avaliación

200

30

4.10.2021 18.30 h

AF21032

A xurisdición contencioso-administrativa-Proba de avaliación

200

25

17.9.2021 18.30 h

AF21034

A protección do menor ante os medios de comunicación-Proba de avaliación

200

30

21.9.2021 18.30 h

AF21036

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica-Proba de avaliación

200

25

20.9.2021 18.30 h

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

AF21040

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-Proba de avaliación

200

24

8.10.2021 18.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

AF21042

Cambio e motivación nas organizacións-Proba de avaliación

200

15

17.9.2021 17.30 h

AF21044

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Proba de avaliación

200

15

24.9.2021 16.30 h

AF21046

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas-Proba de avaliación

200

20

14.9.2021 16.30 h

AF21048

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-Proba de avaliación

200

30

21.9.2021 17.30 h

AF21050

Básico en prevención de riscos laborais-Proba de avaliación

200

50

20.9.2021 16.30 h

AF21052

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos-Proba de avaliación

200

15

8.10.2021 16.30 h

AF21054

Prevención e xestión de conflitos-Proba de avaliación

200

25

13.9.2021 18.30 h

AF21056

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano-Proba de avaliación

200

30

15.10.2021 17.30 h

AF21058

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero-Proba de avaliación

200

20

14.9.2021 17.30 h

AF21060

Como deseñar presentacións eficaces-Proba de avaliación

200

20

1.10.2021 17.30 h

AF21062

Técnicas elementais de arquivos-Proba de avaliación

200

25

1.10.2021 18.30 h

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

AF21064

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos-Proba de avaliación

200

25

8.10.2021 17.30 h

AF21066

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos-Proba de avaliación

200

30

14.9.2021 18.30 h

AF21068

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Proba de avaliación

200

50

22.9.2021 18.00 h

AF21070

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Proba de avaliación

200

50

22.9.2021 16.30 h

AF21072

Correo electrónico corporativo-Proba de avaliación

200

12

1.10.2021 16.30 h

Plan formativo ofimático de Galicia

AF21074

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-Proba de avaliación

200

50

27.9.2021 16.30 h

AF21076

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft office 2019)-Proba de avaliación

200

50

27.9.2021 18.00 h

AF21078

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office 2019)-Proba de avaliación

200

50

28.9.2021 18.00 h

AF21080

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Proba de avaliación

200

50

28.9.2021 16.30 h

AF21082

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft office 2019)-Proba de avaliación

200

30

29.9.2021 18.00 h

AF21084

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Proba de avaliación

200

30

29.9.2021 16.30 h

AF21086

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)-Proba de avaliación

200

30

23.9.2021 16.30 h

AF21088

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft office 2019)-Proba de avaliación

200

30

23.9.2021 18.00 h

AF21090

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9)-Proba de avaliación

200

30

30.9.2021 18.30 h

AF21092

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10)-Proba de avaliación

200

30

30.9.2021 16.30 h

Terceira. Solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula
desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude ou non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección.

6. As persoas solicitantes deben dispor dunha conta de correo electrónico, cuxo enderezo teñen que indicar na solicitude.

7. A maiores, toda persoa interesada en recibir no seu teléfono móbil mensaxes de texto con información sobre o proceso de selección ten que facilitar o correspondente número.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección poden remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria ao enderezo de correo electrónico
xestion.egap@xunta.gal, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación debe enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación debe presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. Cando nalgunha das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación non haxa un número suficiente de solicitantes que cumpran os requisitos, a EGAP poderá abrir un novo prazo de presentación de solicitudes na súa páxina web.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Quinta. Criterios de selección

1. Con carácter xeral, a selección realizarase de acordo co previsto na Resolución do 4 de xaneiro de 2008 pola que se actualizan os criterios de participación nas actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (DOG núm. 7, do 10 xaneiro).

2. Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que 60 están vinculados ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e os 40 restantes á antigüidade na Administración.

3. Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo).

Sexta. Publicación da relación do persoal seleccionado

1. Para cada proba de avaliación das actividades do programa de autoformación a EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar na dita proba, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo
https://egap.xunta.gal a listaxe definitiva de persoas admitidas na proba. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección e renuncia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación dun mes con respecto á data da proba de avaliación. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

As persoas que incumpran o previsto nas letras a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Desenvolvemento das probas de avaliación

1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta a un 60 % das preguntas da proba que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide coa que lle dá acceso á zona de matrícula.

3. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

4. As persoas seleccionadas que non realicen ás probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Novena. O certificado de equivalencia

1. As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia.

2. Este certificado equivale a un certificado de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación. Estas actividades formativas valoraranse conforme establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Función Pública.

Décima. As facultades da EGAP

1. Correspóndelle á EGAP dispor canto sexa necesario para o cumprimento do previsto nesta convocatoria e para a resolución das incidencias que se produzan. Tendo en conta as circunstancias relativas á organización das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, a EGAP pode modificar o desenvolvemento, os contidos e as datas das probas e mesmo suprimilas.

2. A EGAP pode suspender ou cancelar as probas de avaliación das actividades do programa de autoformación nas que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas. As persoas afectadas disporán de todos os datos no enderezo https://egap.xunta.gal. A información tamén se enviará por correo electrónico e, no caso das persoas que facilitasen o correspondente número, por telefonía móbil.

3. A execución material de todo o previsto nesta resolución queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e mais á correspondente autorización do gasto.

4. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.