No Diario Oficial de Galicia nº 17, do 27 de xaneiro de 2020, publicouse a Orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.
Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Publicar como anexo as subvencións concedidas no ano 2020 para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Artigo 10 da Orde do 22.12.2019, DOG núm. 17, do 27.1.2020)
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade
ANEXO
Subvencións concedidas ás asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia para o 2020 (aplicación orzamentaria: 08.02.512A.481.1).
Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios.
NIF |
Entidade |
Importe |
G15248859 |
Asociación Coruñesa de Transportes Discrecionais e Especiais (Acotrades) |
31.031,65 € |
G15624281 |
Asociación Empresarios Transportistas do Servizo Discrecional de Viaxeiros de la Comunidade de Galicia (Anetra-Galicia) |
17.104,03 € |
G36627719 |
Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionais de Mercadorías de Pontevedra (Asetranspo) |
60.076,41 € |
G15086341 |
Federación Galega de Servizos de Transporte en Autobús (Fegabus) |
12.745,00 € |
G15086358 |
Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer) |
79.259,78 € |
G32400293 |
Federación Galega de Asociacións Empresariais e Profesionais de Transporte (Fegatrans) |
62.459,46 € |
G70209234 |
Federación Galega de Transporte de Viaxeiros (Fegatravi) |
31.678,95 € |
G32345670 |
Federación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Fetram) |
47.284,75 € |
G70037544 |
Asociación Empresarial de Aluguer de Vehículos con e sen Condutor de Galicia (Galeval) |
2.300,00 € |
G15640808 |
Federación Galega de Asociacións de Transportes de Viaxeiros en Autocar (Transgacar) |
27.015,22 € |
Total |
370.955,25 € |