Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17277

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 18 de marzo de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións para os postos de traballo que se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios que establece o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar algún posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a de carreira con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserta total ou parcialmente, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo posesorio cóntase a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión cóntase a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Código do posto: ED.201.00.001.15770.001.

Denominación do posto: vicesecretario/a xeral.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 23.026,22 euros.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas.

Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Código do posto: CU.201.00.002.15770.001.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Coordinación Económica e Contratación.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 23.026,22 euros.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas.

Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Código do posto: CU.201.00.001.15770.001.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Coordinación Administrativa e Réxime Xurídico.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral/docente.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 23.026,22 euros.

Tipo de adscrición: (A17) adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas, e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file