Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17588

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 21/2021).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 21/2021 deste xulgado se ditou Auto do 22 de marzo de 2021; pódese interpor recurso de reposición contra el no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Fermín Group Ibérica, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza