Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17586

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 135/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 135/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cintia Picado Costa contra Ángel Martínez Ludeña, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar ao executado Ángel Martínez Ludeña en situación de insolvencia total por importe de 786 euros en concepto de honorarios do letrado, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuación, logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se, en diante, se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta mesma con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ángel Martínez Ludeña, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza