Eu, Cristina Iscar Cifuentes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, polo presente edicto anuncio que no presente procedemento de xuízo ordinario número 158/2020 seguido por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A. fronte a Diego Domínguez González se ditou Sentencia 121/2020, do 4 de decembro de 2020, cuxa parte dispositiva é a seguinte:
«Que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada por Abanca Corporación Bancaria, S.A. contra Diego Domínguez González, en situación procesual de rebeldía, e con acollemento da pretensión principal da demanda:
1º. Declárase resolto anticipadamente, por incumprimento grave, o contrato de préstamo do 5 de febreiro de 2018 e condénase o demandado Diego Domínguez González a pagar a Abanca Corporación Bancaria, S.A. a cantidade de nove mil seiscentos dezasete euros con oitenta e tres céntimos (9.617,83 euros), como cantidade debida na data do 16 de abril de 2020, así como ao pagamento dos xuros de demora pactado desde entón ata a data desta sentenza e desde a data desta sentenza os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.
2º. Faise expresa imposición de custas ao demandado.
Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado dentro do prazo de vinte días».
E atopándose o devandito demandado, Diego Domínguez González, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Tui, 1 de marzo de 2021
A letrada da Administración de xustiza