Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de marzo de 2021, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa da autorización turística e a cancelación da inscrición dun establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicase a Resolución do 3 de xaneiro de 2017, da baixa do establecemento indicado no anexo, xa que intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 12 de marzo de 2021

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Tio Gilito.

Signatura: V-PO-005546.

Razón social: Ignacio López Domínguez.

Domicilio: Xardíns Castro Sampedro s/n.

Concello: Pontevedra