Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 8 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Camariñas (expediente IN407A 2021/28-1).

Expediente: IN407A 2021/28-1.

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Denominación: LMTS CTC Camelle porto a CTC Rociñas, CTC Rociñas e RBTS Camelle.

Concello: Camariñas.

Características técnicas:

Construción dun tramo de LMTS (20 kV) simple circuito con orixe nunha cela do CTC Camelle porto (existente) e final nunha cela do CTC Rociñas, lonxitude de 570 m en condutor RHZ1-2OL 3x(1x240) mm2 Al e con orixe nunha cela existente do CTC Camelle porto e final nun novo centro de trasformación denominado CTC Rociñas. Prevese a instalación pola mesma canalización multitubo dun circuíto de fibra óptica con cable Loose Tube CDS-0905 de 48 fibras para o control, telemando e telemedida.

Centro de transformación de manobra interior en envolvente de obra civil de 400 kVA, 3 celas MT: una de entrada de líña con función interruptor-seccionador, unha de reserva de saída de liña con función interruptor-seccionador e unha de protección con interruptor seccionador con fusibles combinados de protección do trafo e cadro de BT 4 saídas, equipamentos de telemando e telemedida.

Tramo de liña soterrada trifásica simple circuíto, de lonxitude 47 m en condutor XZ1 3x240/150 mm2 Al por canalización para executar, con orixe na saída do cadro de baixa tensión do CTC Rociñas e final nunha transición aerosoterrada para executar nun apoio de chapa existente da rede de distribución.

Tramo de liña soterrada trifásica dobre circuíto, de lonxitude 105 m en condutor XZ1 3x240/150 mm2 Al por canalización para executar, con orixe na saída do cadro de baixa tensión do CTC Rociñas e final nunha dobre transición aerosoterrada para executar nun apoio HV existente da rede de distribución.

Acometidas soterradas monofásicas desde puntos de acceso da rede de distribución aos actuais puntos de subministración e paso aéreo en fachada a CXP, en condutor XZ 2x25 mm2 Al.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no Concello de Camariñas. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 8 de marzo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/28-1.

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Denominación: LMTS CTC Camelle porto a CTC Rociñas, CTC Rociñas e RBTS Camelle.

Concello: Camariñas.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio número: 1.

Concello: Camariñas.

Polígono: 20.

Parcela: 2835.

Lugar: rúa Fontiña.

Cultivo: labradío secaño.

Propietario: Benedicto Romar Martínez.

Servidume de paso de enerxía eléctrica:

Permanente: 50,10 m2.

Temporal: 56,80 m2.