Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no teléfono 982 88 90 60, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.
Lugo, 15 de marzo de 2021
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
– Expediente: IN407A 2017/6-0.
– Acto notificado: citación para o pagamento do prezo xusto pola expropiación de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado Subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: treito 1, 132 kV-SET Ludrio-SET Parque eólico Monciro.
Interesado |
Trámite |
María Esther Domínguez López |
Notificación de citación |