Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17651

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO do 24 de marzo de 2021 polo que se dá publicidade da resolución do tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de director/a-xerente, convocado por anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 20, do 1 de febreiro de 2021.

O tribunal nomeado pola Resolución do 22 de febreiro de 2021 pola que se establece a composición do tribunal de selección para a cobertura do posto de director/a-xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., e se procede ao nomeamento dos seus membros, de conformidade co establecido na base 9 da convocatoria, ao non presentarse alegacións á resolución provisional,

ACORDOU:

Primeiro. Elevar a definitiva a puntuación final obtida pola aspirante con indicación da candidata seleccionada, tal como aparece no anexo da presente resolución.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación desta resolución definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Elevar á presidenta do Consello de Administración a proposta a favor da candidata que tivo maior puntuación.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

José Luis Somoza Digón
Presidente do tribunal

ANEXO

Puntuación definitiva da cualificación final e candidata seleccionada

Ano da convocatoria: 2021.

Nome da convocatoria: director/a-xerente da sociedade de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia nº 20, do 1 de febreiro de 2021.

Data da lista: 24 de marzo de 2021.

Cualificación final.

Apelidos

Nome

NIF

Puntuación

Chapela Villanueva

María Pilar

*****089**

Total 1ª fase: 40 puntos

2ª fase:

– Memoria: 28 puntos

– Entrevista persoal: 7,5 puntos

Total: 35,5 puntos

Cualificación final: 75,5 puntos

Candidata seleccionada.

Candidata seleccionada

María Pilar Chapela Villanueva