Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17650

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria para a elaboración de listas de contratación temporal por categorías.

A Dirección Xerencia de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., de conformidade co establecido no artigo 110.c) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e en virtude das atribucións outorgadas polo Consello de Administración en materia de selección e contratación de persoal,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a elaboración de listas de contratación temporal por categorías.

Segundo. Outorgar un prazo de 15 días naturais contado dende o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

Terceiro. As instancias dirixiranse á Dirección Xerencia de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. e presentaranse de conformidade co establecido nas bases que regulan a convocatoria.

Cuarto. As bases da convocatoria poderán consultarse na páxina web de Retegal (www.retegal.gal) ou nas dependencias da sociedade, sitas no complexo de San Marcos (Edificio Multiusos). Bando - San Marcos. 15820 Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2021

Miguel Rodríguez Quelle
Director xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.