Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17648

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do planeamento entre as rúas República Arxentina e Inferniño (expediente 2019 SE60-001).

En cumprimento do disposto no artigo 293.10 e 293.11 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, este concello acordou proceder a efectuar o pagamento do importe da valoración establecida e o levantamento das actas de ocupación correspondentes ao expediente de expropiación forzosa instruído para o termo municipal de Marín, para execución do planeamento entre as rúas República Arxentina e Inferniño, que terá lugar:

Termo municipal de Marín.

Lugar: Salón de Plenos do Concello de Marín, avenida Ourense, s/n.

Data: o día 26 de marzo de 2021, ás 10.00 horas.

Co fin de proceder ao pagamento do importe.

O pagamento será efectuado polo pagador deste concello aos propietarios dos predios.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo aos titulares que o pagamento se fará precisamente aos que figuren como donos da cousa ou titulares do dereito expropiado e que non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, e que deben achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que deberán identificarse co documento nacional de identidade.

Así mesmo, comunícase que deberán comparecer ao acto xuntando as escrituras de propiedade dos predios.

No suposto de non comparecer ou non poderse efectuar o pagamento aos titulares, procederase á consignación do importe na caixa xeral de depósitos.

Coincidindo co acto de pagamento, procederase ao levantamento da acta de ocupación correspondente.

O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Marín, 1 de marzo de 2021

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa