Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17580

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DSP 388/2020).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despido/cesamentos en xeral 388/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Omar Vale Grandío contra Pronored, S.L.U. y el Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Sentenza do 26.2.2021 contra a cal cabe recurso de suplicación no prazo de 5 días desde a súa notificación, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pronored, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de marzo de 2021

O letrado da Administración de xustiza