Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17759

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2021 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

Unha vez finalizada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) e modificado pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), e verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, esta Consellería, de acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) e modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), e que figuran no anexo ordenados de acordo coa puntuación final obtida; e, adxudicarlles como destinos en prácticas os que figuran neste, unha vez celebrada a elección de destino en prácticas realizada conforme a Resolución do 19 de febreiro de 2021 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

O nomeamento terá efectos, segundo establece a base V.5 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado na resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública con data do 29 de marzo de 2021.

A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Segundo. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, a Marta Ramos Pena, aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), e á que se lle autorizou a realización das prácticas coa promoción inmediatamente posterior por Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio (a subdirectora xeral de Apoio Técnico-Xurídico por Resolución do 10 de xullo de 2018) de data 26 de xullo de 2018, e, adxudicarlle como destino en prácticas o posto que ven desempeñando na Xefatura de Servizo de Fiscalización e Contabilidade na Intervención delegada da Presidencia, Consello da Cultura Galega e Consello Consultivo.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo

Nomeamento de persoal funcionario en prácticas e adxudicación de destinos en prácticas

Corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas

Núm.

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***4386**

Serramito Calvo, Cristina

FC.C03...1577.0512

Técnico/a de auditoría

FC

S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1, A2

25

2

***2601**

Pérez González, Óscar

FC.C03...15770.513

Técnico/a de auditoría

FC

S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1, A2

25

3

***1890**

Agrelo Carballeda, Silvia

FC.C04...15770.503

Técnico/a financeiro/a

FC

S. X. de Recursos e Análise Orzamentaria

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1, A2

25

4

***5004**

Iglesias Fernández, Verónica

FC.C04...15770.502

Analista de custos de persoal I

FC

S. X. de Custos de Persoal

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1, A2

25

5

***8508**

Moreno Veloso, María Sonia

FC.A29...36560.518

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

Delegación Vigo

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Vigo

A2

24

6

***2273**

Vázquez Regueiro, María Dolores

FC.A29...36001.510

Xefatura de equipo

FC

Delegación Pontevedra

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Pontevedra

A1, A2

25

7

***7892**

Jiménez Acevedo, Jenifer

FC.A29...36560.519

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

Delegación Vigo

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Vigo

A2

24

8

***5987**

Seoane Fernández, Julián

FC.A29...15001.517

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

Delegación A Coruña

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

A Coruña

A2

24

9

***4766**

Martínez Nieto, Eva

FC.A29...36001.511

Xefatura de equipo

FC

Delegación Pontevedra

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Pontevedra

A1, A2

25

10

***5589**

Grela Carballeira, Irene

FC.A29...32001.510

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

Delegación Ourense

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Ourense

A2

24