Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17732

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2021/22.

Co obxecto de estender o Programa de plurilingüismo á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2021/22, esta secretaría xeral de educación e formación profesional resolve anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2021/22.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2021 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros que desexen impartir o programa de PluriBach deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional