Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17731

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2021/22.

Co obxecto de estender o Programa de plurilingüismo a novos centros na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria para o curso 2021/21, esta secretaría xeral de educación e formación profesional resolve anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no Programa de ensinanzas plurilingües na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria para o curso 2021/22.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2021 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros que desexen impartir o Programa de plurilingüismo deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional