Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17842

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (PO 1149/2019).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, por este edicto anuncio que no xuízo ordinario seguido neste xulgado co número 1149/2019, por instancia de Chapistería Rodríguez, S.L. fronte a Pinturas Croma O Pino, S.L., se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte.

Resolvo:

Estimar, na súa totalidade, a demanda presentada pola procuradora Sra. Feijóo-Montenegro Rodríguez, en representación acreditada de Chapistería Rodríguez, S.L., con CIF B32179467, asistida polo letrado Gumersindo Fornos Viéitez, contra Pinturas Croma O Pino, S.L., con CIF B32353104, en situación procesual de rebeldía, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade demandada a entregar o importe de trinta mil euros cos xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC), coa imposición das custas procesuais á demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña.

Expídase testemuño desta resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o acordo, mando e asino.

Ao encontrarse a demandada, Pinturas Croma O Pino, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 2 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza