Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17908

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 24 de marzo de 2021 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Federación Galega de Confrarías de Pescadores,

DISPOÑO:

O nomeamento de Ruperto Costa Fernández como vogal representante do sector pesqueiro no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar