Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17907

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 217/2020, do 3 de decembro, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia, número 253, do 17 de decembro de 2020, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 49568, no artigo 1, referido ao cesamento de Xesús Manuel Fernández Rivas, onde di: «en representación das centrais sindicais máis representativas de Galicia», debe dicir: «en representación do profesorado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia, sector público».

No artigo 2, referido ao nomeamento de Xosé Manuel Nogueira Rodríguez, onde di: «en representación das centrais sindicais máis representativas de Galicia», debe dicir:«en representación do profesorado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia, sector público».