Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17914

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).

A Orde do 31 de decembro de 2020 (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro de 2021), conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia, que contraten persoas tituladas superiores que estivesen contratadas na modalidade A das axudas posdoutorais das convocatorias de 2016 ou 2017 ou que tivesen un contrato posdoutoral cunha das entidades establecidas no artigo 2 da convocatoria e financiado pola Gain, sempre que cumpran o resto de requisitos que se establecen na convocatoria, para que poidan completar a súa carreira investigadora posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.

No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2.2, os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas.

De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días naturais para formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades ou ante a Gain, segundo a entidade solicitante. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, o 15 de marzo de 2021 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 6 da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 10.

O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 11 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para os órganos instrutores en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e a lista de agarda para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e á persoa titular da Presidencia da Gain, de acordo co artigo 11 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 17 de marzo de 2021, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da Gain,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas para completar a etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 31 de decembro de 2020 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I.

Segundo. Establecer unha lista de agarda, que se inclúe como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios establecidos no artigo 11. Nesta lista figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida no artigo 10.2 da convocatoria.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 31 de marzo de 2021.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamento recollida no artigo 15 das bases da convocatoria.

Universidades do SUG: 20 axudas.

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020 que, de acordo co artigo 36 da Lei 7/2019, do 27 de decembro, polo que se engade un punto 4 ao artigo 115 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, a súa vixencia será prorrogada ata a aprobación e comezo de efectos do novo plan, sempre que así o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2021

2022

2023

Total

10.20.561B.444.0

UDC

3

69.816,66

117.000,00

47.183,34

234.000,00

10.20.561B.744.0

30.000,00

30.000,00

15.000,00

75.000,00

UDC

99.816,66

147.000,00

62.183,34

309.000,00

10.20.561B.444.0

USC

10

232.722,20

390.000,00

157.277,80

780.000,00

10.20.561B.744.0

100.000,00

100.000,00

50.000,00

250.000,00

USC

332.722,20

490.000,00

207.277,80

1.030.000,00

10.20.561B.444.0

UVigo

7

162.905,54

273.000,00

110.094,46

546.000,00

10.20.561B.744.0

70.000,00

70.000,00

35.000,00

175.000,00

UVigo

232.905,54

343.000,00

145.094,46

721.000,00

Total SUG

665.444,40

980.000,00

414.555,60

2.060.000,00

Demais entidades: 4 axudas.

Aplicación orzamentaria

Entidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2021

2022

2023

Total

06.A2.561A.403.0

Instituto de Ciencias de Patrimonio (Incipit) do CSIC

2

46.544,44

78.000,00

31.455,56

156.000,00

06.A2.561A.703.0

20.000,00

20.000,00

10.000,00

50.000,00

Instituto de Ciencias de Patrimonio (Incipit) do CSIC

66.544,44

98.000,00

41.455,56

206.000,00

06.A2.561A.403.0

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

1

23.272,22

39.000,00

15.727,78

78.000,00

06.A2.561A.703.0

10.000,00

10.000,00

5.000,00

25.000,00

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

33.272,22

49.000,00

20.727,78

103.000,00

06.A2.561A.481.0

Fundación Profesor Novoa Santos

1

23.272,22

39.000,00

15.727,78

78.000,00

06.A2.561A.781.0

10.000,00

10.000,00

5.000,00

25.000,00

Fundación Profesor Novoa Santos

33.272,22

49.000,00

20.727,78

103.000,00

Total outras entidades

133.088,88

196.000,00

82.911,12

412.000,00

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á Gain, no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación/comunicación desta resolución e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da presidencia da Gain nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

Román Rodríguez González

Francisco Conde López

Conselleiro de Cultura, Educación
e Universidade

Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación e presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Axudas concedidas

Universidade da Coruña

Nº de exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Puntuación

ED481D-2021-012

UDC

Bermúdez

García

Juan Manuel

Ciencias

93

ED481D-2021-026

UDC

Blanco

Calvo

Alejandro

Ciencias

87

ED481D-2021-020

UDC

Fafián

Labora

Juan Antonio

Ciencias da Saúde

88

Universidade de Santiago de Compostela

Nº de exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Puntuación

ED481D-2021-011

USC

Cambón

Freire

Adriana

Ciencias da Saúde

84,9

ED481D-2021-003

USC

Casariego

Castiñeira

Paula

Artes e Humanidades

94

ED481D-2021-022

USC

Cid

Fernández

Susana

Ciencias Sociais e Xurídicas

89,6

ED481D-2021-008

USC

De la Puente

Vila

María del Carmen

Ciencias da Saúde

82

ED481D-2021-014

USC

Díaz

Gómez

Luis Antonio

Ciencias da Saúde

90,5

ED481D-2021-019

USC

Gómez

Varela

Ana Isabel

Ciencias

92,6

ED481D-2021-017

USC

López

Romero

Laura

Ciencias Sociais e Xurídicas

90

ED481D-2021-015

USC

Olmo

López

Rubén

Artes e Humanidades

89

ED481D-2021-018

USC

Rodríguez

Sánchez

José Luis

Ciencias

88

ED481D-2021-009

USC

Royé

 

Dominic

Ciencias Sociais e Xurídicas

87

Universidade de Vigo

Nº de exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Puntuación

ED481D-2021-006

UVigo

Alonso

Alonso

María

Artes e Humanidades

83,6

ED481D-2021-004

UVigo

Cabaleiro

Álvarez

David

Enxeñaría e Arquitectura

91

ED481D-2021-023

UVigo

Ferreira

Rodríguez

Noé

Ciencias

91

ED481D-2021-016

UVigo

Pérez

Rodríguez

Paula

Ciencias

80

ED481D-2021-013

UVigo

Ramos

Berdullas

Nicolás

Ciencias

90

ED481D-2021-021

UVigo

Romero

Rivas

Vanesa

Ciencias

81

ED481D-2021-024

UVigo

Ruano

Ordás

David Alfonso

Enxeñaría e Arquitectura

92

Outras entidades

Nº de exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Puntuación

IN606C-2021/002

Instituto de Ciencias de Patrimonio (Incipit) do CSIC

Sureda

Torres

Pau

Artes e Humanidades

94

IN606C-2021/006

Fundación Profesor Novoa Santos

Carpintero

Fernández

Paula

Ciencias da Saúde

90,5

IN606C-2021/003

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Méndez

López

Lucía

Ciencias

89

IN606C-2021/005

Instituto de Ciencias de Patrimonio (Incipit) do CSIC

Currás

Domínguez

Andrés

Artes e Humanidades

85

ANEXO II

Lista de agarda

Universidades do SUG

Orde

Nº de exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Puntuación

1.

ED481D-2021-001

UDC

Sanjurjo

Rodríguez

Clara

Ciencias da Saúde

75

2.

ED481D-2021-025

UVigo

Gómez

Sousa

Hipólito

Enxeñaría e Arquitectura

75

Outras entidades

Orde

Nº de exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Puntuación

1.

IN606C-2021/001

Instituto de Ciencias de Patrimonio (Incipit) do CSIC

Almansa

Sánchez

Jaime

Artes e Humanidades

82

2.

IN606C-2021/004

Instituto de Ciencias de Patrimonio (Incipit) do CSIC

Dal Zovo

-

Cecilia

Artes e Humanidades

75